Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2022 pola que se somete a información pública a modificación substancial da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Sada-Fontán (Sada, A Coruña).

A área de explotación e planificación portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborou a modificación substancial da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) do porto de Sada-Fontán (TM de Sada, A Coruña), conforme o artigo 53 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas físicas ou xurídicas interesadas poidan examinalo e presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas. Para isto dispoñen do prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, na avenida do porto da Coruña, 5, 1º, 15006 A Coruña, ou na sede electrónica correspondente. Así mesmo, o referido documento estará dispoñible nas ditas oficinas, onde se poderá examinar durante o prazo indicado e en días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas, e tamén na páxina web www.portosdegalicia.gal, no enderezo https://portosdegalicia.gal/gl/web/portos-de-galicia/delimitacion-espazos

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia