Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57417

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación para a execución da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Cañiza no ámbito do antigo mercado de gando.

Por medio do presente anuncio e para os efectos do disposto nos artigos 21 da Lei de expropiación forzosa e 20 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, faise público que o Concello da Cañiza, en sesión plenaria do 29.9.2022, aprobou definitivamente o proxecto de expropiación, redactado polo enxeñeiro técnico agrícola José Rodríguez Espiñeira, para a execución do ámbito da modificación puntual do PXOM da Cañiza no ámbito do antigo mercado de gando, polo procedemento de taxación conxunta, e declarou expresamente a utilidade pública deste proxecto.

Así mesmo, publícase para os efectos da legal notificación a aquelas persoas afectadas que puidesen resultar descoñecidas, en virtude do previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Recursos: contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, procede o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á recepción desta notificación, conforme o artigo 46.1 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá, non obstante, interpoñer, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante esta administración, conforme a Lei do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (artigos 116 e 117) e a Lei reguladora das bases de réxime local (artigo 52), no prazo dun mes, contado, así mesmo, desde o día seguinte á recepción desta notificación.

A Cañiza, 5 de outubro de 2022

Luis Antonio Gómez Piña
Alcalde