Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57418

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria do procedemento selectivo para cubrir unha praza de xefe/a da Unidade de Parques e Xardíns.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 184, do 27 de setembro de 2022, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, mediante persoal laboral fixo, unha praza de xefe/a da Unidade de Parques e Xardíns, con nivel de titulación de bacharelato ou equivalente, vacante no cadro de persoal do concello. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da publicación antedita, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Oleiros, 10 de outubro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía nº 2019002619, do 20 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente alcalde delegada de Persoal