Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57419

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do SU 8 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, tramitado por instancia da Xunta de Compensación do polígono único do Plan parcial do SU 8 (expediente municipal 2021000754).

A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria do día 30 de setembro de 2022, acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual do Plan parcial do SU 8 do PXOM de Sanxenxo, tramitada por instancia da Xunta de Compensación do polígono único do Plan parcial do SU 8.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, con cita previa no teléfono 986 72 00 75.

Sanxenxo, 10 de outubro de 2022

Telmo Martín González
Alcalde presidente