Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 17 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os acordos de inicio do expediente sancionador 20220159TACO e un máis por infraccións en materia sanitaria.

Visto que non se puideron levar a cabo as notificacións dos acordos de inicio dos expedientes sancionadores relacionados no anexo, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en diante LPACAP, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Dado que non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da LPACAP, o texto íntegro deste acto administrativo está ao dispor das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga 3, 4º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da LPACAP, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa notificación. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da LPACAP.

A Coruña, 17 de outubro de 2022

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE pers. interesada

20220159TACO

52456529S

20220200TACO

53185394X

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria de medidas fronte ao tabaquismo.