Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57364

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de setembro de 2022 pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 195, do 13 de outubro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Primeiro. Na páxina 54688, incluír o seguinte texto tras o punto 9 da base sétima:

«Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

Segundo. Ao non afectar as bases da convocatoria non procede modificar o prazo de presentación de solicitudes.