En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, nº 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación LMTA CAS802, a 20 kV, entre apoios 39 e 40 (Ribadavia).
Situación: concello de Ribadavia.
Características principais recollidas no proxecto:
• Substitución do apoio núm. 40, tipo compás e cruceta lira, por novo apoio C-18/3000-D15 (disposición en bandeira), para garantir distancias regulamentarias, así como o cambio do condutor LA-110 nos vans afectados, e nova E/S no CT San Cristóbal (32CO11). Cambio dos condutores de tipo RHZ1-3×(1×240) existentes entre o apoio que se vai retirar e as celas do citado CT.
• Recuamento do apoio núm. 39 existente de tipo HV 12/2A-lira-CS desprazándoo fóra da zona de servidume do regato do Pontellón, e instalación dun novo apoio de celosía metálica.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, o 17.9.2021.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 7 de outubro de 2022
A xefa territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Nº de expediente: IN407A 2022/163-3.
Situación: concello de Ribadavia.
Denominación: regulamentación LMTA CAS802, a 20 kV, entre apoios 39 e 40 (Ribadavia).
Predio núm. en proxecto: 1, referencia catastral: 1545711NG7814N0001OS.
Lugar: urbano.
Cultivo: urbano.
Titular: herdeiros de Ernesto Pérez Pérez, rpta.: Matilde Alfaro Pérez.
Afeccións: apoio/CT: números 39 e 40, ocupación de 18 m2.