Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2022 Páx. 57949

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 27 de outubro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril) modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Respecto ao exame do primeiro exercicio da especialidade de seguridade no traballo, que tivo lugar o día 20 de outubro de 2022, en execución das medidas cautelares solicitadas pola representación procesual de Carlos Alberto Sáez Taboada en virtude do Auto do 18 de maio de 2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, modificar o modelo de corrección de respostas:

– Na corrección tense en conta que durante o desenvolvemento da proba se anulou a pregunta 39 do exame e, polo tanto, se substitúe a devandita pregunta pola pregunta de reserva 183.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte puntos (20 puntos). Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, mediante la Resolución deste tribunal, do 8 de xuño de 2022, pola que se dá publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que obtiveran un mínimo de:

– Na quenda de acceso libre: as persoas aspirantes presentadas que obteñan un mínimo de 72 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan ni reciben puntuación.

Asignarase a valoración de vinte (20) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 20 e os 40 puntos proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección na sesión do 27 de outubro de 2022, acadaron a puntuación mínima de 20 puntos un total de:

– Especialidade de seguridade no traballo:

Acceso libre: 1 aspirante.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron este exame correspondente ao primeiro exercicio da especialidade de seguridade no traballo, que tivo lugar o día 20 de outubro de 2022, do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, que tivo lugar o día 20 de outubro de 2022, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022

Ángel López Álvarez
Presidente do tribunal