Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2022 Páx. 57952

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado mediante a Orde do 26 de xullo de 2022 (código de procedemento PR461C), e se anuncian o lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

No Diario Oficial de Galicia núm. 156, do 18 de agosto de 2022, publicouse a Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial.

No Diario Oficial de Galicia núm. 190, do 5 de outubro de 2022, publicouse a Resolución do 26 de setembro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (código de procedemento PR461C).

Esta resolución concedía un prazo de dez (10) días hábiles para emendar as causas de exclusión ou de non exención da proba de coñecementos da lingua galega.

Transcorrido o prazo de emenda establecido no punto 4.2 da convocatoria, e de conformidade co establecido no punto 3.7.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 26 de xullo de 2022 (DOG núm. 156, do 18 de agosto).

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal, xunto coa indicación da exención ou non da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Segundo. En sesión que tivo lugar o 10 de outubro de 2022, o tribunal designado para cualificar o proceso acordou que o primeiro exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba tipo test, terá lugar o día 29 de novembro, no salón de actos da Academia Galega de Seguridade Pública, na rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, en chamamento único que se iniciará ás 10.30 horas.

Inmediatamente a seguir terá lugar o segundo exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de coñecementos da lingua galega, tamén no salón de actos da Academia Galega de Seguridade Pública, na rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.

Non se permitirá a presenza de acompañantes e o persoal aspirante deberá seguir as indicacións e resolucións do tribunal, que se farán públicas a través da páxina web da Agasp.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición perante o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 26 de outubro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas. Proceso de acceso por promoción interna nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 26 de xullo de 2022

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas exclusión

***630***

Gallego

Graña

Anxo

1

***335***

Rodríguez

Sanmartín

Juan Salvador

1

Causas de exclusión

1

Non acredita o cumprimento dos requisitos establecidos nos puntos 2.1.f) e 2.1.g) da convocatoria