Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2022 Páx. 57955

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado mediante a Orde do 26 de xullo de 2022 (código de procedemento PR461H).

Con data do 18 de agosto de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante DOG) número 156 a Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).

No DOG número 192, do 7 de outubro de 2022, publicouse a Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (código de procedemento PR461H).

Esta resolución concedía un prazo de 10 días hábiles para emendar as causas de exclusión.

Transcorrido o prazo de emenda establecido no punto 4.2 da convocatoria, e de conformidade co establecido no punto 3.7.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 26 de xullo de 2022 (DOG núm. 156, do 18 de agosto).

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición perante o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben interpoñer no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 26 de outubro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de provisión
por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica,
categoría de oficial, convocado pola Orde do 26 de xullo de 2022

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas exclusión

***233***

Carballa

Gómez

Luis

1, 2, 4

***969***

González

Reigada

Francisco Javier

2

***980***

Quiroga

Álvarez

Germán

2, 4

***003***

Suárez

Piñeiro

Adolfo

2, 4

Causas de exclusión

1

Modelo de instancia ou solicitude non válido ou incompleto

2

Non presenta certificado acreditativo segundo o establecido no punto 3.5.2.g) da convocatoria

3

Non presenta o documento especificado no punto 3.5.2.e) da convocatoria

4

A documentación presentada incumpre o establecido no punto 3.5.2.f) da convocatoria