Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2022 Páx. 58035

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira e creación de lista de agarda de arquitectos/as.

Mediante o Decreto da Alcaldía 3000/2022, do 26 de setembro, acordouse:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira, arquitecto, grupo A, subgrupo A1, escala: Administración especial, subescala técnica, do Concello de Ames, a Manuel Pueyo Varela, con DNI núm. 36116849H, por ser o aspirante que acadou a maior puntuación no proceso selectivo, que deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes desde a publicación no BOP desta resolución.

Segundo. Crear unha bolsa de traballo de arquitectos do Concello de Ames, coa composición seguinte, por orden descendente de puntuación:

1 Bellas Rodríguez, Marta.

2 González Blanco, María Isabel.

3 Banhos Martíns, Marinha Constanza.

4 Pereira Da Silva, Amelia Rosalia.

5 Reguera Seoane, Miguel.

Terceiro. O Servizo de Recursos Humanos realizará a xestión da bolsa de traballo, rigorosamente pola orde establecida nela e segundo o establecido no regulamento para a xestión de bolsas de traballo temporal no Concello de Ames, cuxa aprobación definitiva foi publicada no BOP núm. 32, do 18 de febreiro de 2016, e entrou en vigor o 8 de marzo de 2016.

Cuarto. Publicar esta resolución no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios físico e da sede electrónica do Concello e na páxina web.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición contencioso-administrativa.

Ames, 26 de setembro de 2022

José Blas García Piñeiro
Alcalde