Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2022 Páx. 58238

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2022 pola que se realiza convocatoria pública para cubrir prazas de persoal laboral fixo.

Prazas: 1 (unha) técnico/a económico-financeiro.

Tipo de contrato: fixo-contrato de remuda.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

Prazas: 7 (sete) policía portuaria e 1 (un) xefe/a de equipo de policía portuaria (remuda).

Tipo de contrato: 7 (sete) contratos fixos de policía portuaria-1 (un) contrato fixo de remuda de xefe/a de equipo de policía portuaria.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases destas convocatorias e as solicitudes estarán á disposición dos/as interesados/as na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros nº 1, e tamén na páxina web: www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web: www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 28 de outubro de 2022

José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa