Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2022 Páx. 58237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2021 complementaria para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 187, do 30 de setembro de 2022, publícanse as bases xerais polas que se rexerán os procesos selectivos para a estabilización do emprego temporal do Concello de Vilasantar, correspondentes á selección de persoal laboral fixo para a oferta de emprego público complementaria do ano 2021, e no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 193, do 11 de outubro de 2022 publícanse as bases específicas, correspondentes ás seguintes prazas:

– 1 praza de axente TIC (xornada parcial mediante concurso).

– 1 praza de técnico en animación actividades deportivas (xornada completa mediante concurso).

– 1 praza de peón tractorista e mantemento (xornada completa mediante concurso).

– 1 praza de peón de mantemento (xornada completa mediante concurso).

– 4 prazas de auxiliar de axuda no fogar (xornada completa mediante concurso).

– 1 praza de auxiliar de axuda no fogar (xornada parcial mediante concurso-oposición).

– 1 praza de auxiliar de axuda no fogar (xornada completa mediante concurso-oposición).

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilasantar, 11 de outubro de 2022

Fernando Javier Pérez Fernández
Alcalde