Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2022 Páx. 58155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 13 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/173-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA BBA801-CT rampa Antolín 32C716.

Situación: concello de Ourense.

Características principais recollidas no proxecto:

– Substitución do actual centro de transformación (CT) en edificio de obra civil, rampa Antolín-32C716, por novo CT superficie envolvente prefabricada TC GPRS 3L1P 100 kVA. Illante aceite mineral.

– Instalación de novo apoio proxectado núm. 2-3, de celosía metálica, con paso A/S e LMTS de 609 m en condutor tipo RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×240 Al), de alimentación a novo CT proxectado, con inicio no citado apoio proxectado na LMTA BBA801 e fin no dito CT, así como nova LMTS en condutor tipo RHZ1-2 OL 12/20 kV 3 (1×240 Al) de 23 m de lonxitude, para dar continuidade á BBA801, con inicio na cela número 2 do CT proxectado e nova LMTS para reconectar a existente ao CT do cuartel da Garda Civil 32C717, no mesmo tipo de condutor e igual distancia, con inicio na cela número 3.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado número 2233 do Coeticor, o 10.8.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 13 de outubro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2022/173-3.

Situación: concello de Ourense.

Denominación: regulamentación LMTA BBA801-CT rampa Antolín 32C716.

Predio núm. en proxecto: 1.

Lugar: Ourense.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio núm.: 2-3, ocupación de 2 m²; lonxitude 1 m, servidume de voo: 3 m².

Predio núm. en proxecto: 2.

Lugar: Bo Antolín.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido.

Afeccións: CT, ocupación: 36 m²; lonxitude 15 m, servidume de voo: 44 m².