A Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G), establece que se concederán subvencións ata o esgotamento do crédito orzamentario, segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para as subvencións obxecto desta convocatoria destinouse un crédito por importe total de 2.600.000 €, de acordo co seguinte detalle:
Concepto |
Aplicación |
Proxecto |
Anualidade 2022 |
Anualidade 2023 |
Total |
REACT Construción: liña 1.1 |
06.A4.741A.770.0 |
2021 00005 |
100.000 |
250.000 |
350.000 |
06.A4.741A.780.0 |
50.000 |
150.000 |
200.000 |
||
REACT Construción: liña 1.2 |
06.A4.741A.780.0 |
50.000 |
600.000 |
650.000 |
|
REACT Construción: liña 2.1 |
06.A4.741A.771.0 |
30.000 |
380.000 |
410.000 |
|
06.A4.741A.780.0 |
20.000 |
120.000 |
140.000 |
||
REACT Construción: liña 2.2 |
06.A4.741A.781.0 |
50.000 |
800.000 |
850.000 |
|
Total |
300.000 |
2.300.000 |
2.600.000 |
As partidas orzamentarias fináncianse con fondos REACT-UE no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 nunha porcentaxe do 100 % a través do obxectivo temático 13 «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; prioridade de investimento 13.1 «Favorecer a reparación da crise no contexto na pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; obxectivo específico 20.1.4 «Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde», e liña de actuación 20.1.4.3.b «Axudas para a construción sustentable con madeira».
Tal como se establece no artigo 1.2 da Resolución do 29 de setembro de 2022, o procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 da dita lei.
Unha vez esgotado o crédito, o órgano xestor deberá publicar o esgotamento da partida orzamentaria e a inadmisión de posteriores solicitudes.
En virtude do exposto anteriormente, e no uso das facultades que teño atribuídas,
RESOLVO:
Artigo único
Dar a coñecer que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas contidas na Resolución do 29 de setembro de 2022, da Axencia Galega da Industria Forestal-XERA, pola que se fai público o esgotamento do crédito da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 %, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G) quedou esgotado o 2 de novembro de 2022.
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022
Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal