Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58311

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2022 pola que se notifica a retirada de dereitos de pagamento básico do ano 2022 e retiradas complementarias dos anos 2019, 2020 e 2021.

De conformidade co disposto no artigo 16.4 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, por non ter activados os ditos dereitos durante dous anos consecutivos, procede á súa retirada, que pasan á Reserva Nacional.

Consonte o anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a notificación na web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/dereitos_de_pagamento_basico) da resolución de retirada de dereitos de pagamento básico do ano 2022 e retiradas complementarias dos anos 2019, 2020 e 2021, pola non utilización destes en dúas campañas consecutivas.

Segundo. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade no artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria