Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada para a planta de produción de pensos en Bonxe de Coren Agroindustrial, S.A.U., no concello de Outeiro de Rei, provincia de Lugo (expediente 2020-IPPC-M-32).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Memoria de revisión de autorización ambiental integrada. Bonxe. Fábrica de pensos nº 3. Coren Agroindustrial, S.A.U. Maio 2022.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático – Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-32.

Peticionaria: Coren Agroindustrial, S.A.U.

CIF: A32242588.

Enderezo social: Oficinas Centrais, Centro de Procesado Avícola, Santa Cruz de Arrabaldo, 32990 Ourense.

Localización da instalación: lugar Caxigal, s/n, Bonxe, 27153 Outeiro de Rei, Lugo.

Actividade: produción de pensos.

Descrición: a instalación dedícase á fabricación de pensos compostos para alimentación animal para a súa posterior venda e distribución. As principais etapas que se realizan na planta son: recepción e almacenamento de material auxiliar e materias primas, formulación, dosificación de materias primas e aditivos, moenda, elaboración de aditivos correctores, mesturado, granulación, almacenamento de produtos terminados e expedición. Na fábrica existen dúas liñas de fabricación de pensos, unha para pensos normais e outra para pensos medicamentosos.

As augas residuais industriais xeradas vértense, tras seren tratadas, directamente á canle (regato de Cepelo). As augas sanitarias vértense, tras seren tratadas, por infiltración ao terreo. As augas de escoamento vértense, sen tratamento previo, directamente á canle (regato de Cepelo).

O proxecto contén a aplicación das mellores técnicas dispoñibles na instalación segundo o estipulado na Decisión de execución (UE) 2019/2031 da Comisión, do 12 de novembro de 2019, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) nas industrias de alimentación, bebida e leite, de conformidade coa Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello.