Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 21 de outubro de 2022 polo que se notifican as propostas de resolución de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello da Illa de Arousa (expediente SCOVID/AILLADEAROUSA/0182 e un máis).

A persoa instrutora do Concello da Illa de Arousa ditou proposta de resolución no expediente sancionador SCOVID/AILLADEAROUSA/0182 e un máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación das propostas de resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das propostas de resolución do procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publican na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello da Illa de Arousa, situadas na rúa Palmeira, 25, A Illa de Arousa (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

De conformidade co disposto no artigo 89 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez concluída a instrución do procedemento, ponse de manifesto o procedemento e indícaselles ás persoas interesadas que dispoñen do prazo indicado no parágrafo anterior para formularen alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

De conformidade co disposto nos artigos 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, as persoas interesadas son informadas de que a sanción que se indica nas propostas de resolución poderá estar suxeita ás seguintes reducións: o 25 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade ou de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento, ou o 50 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade e de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento. A efectividade de calquera destas reducións estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022

Silvia Seoane García
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF

Persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

SCOVID/AILLADEAROUSA/0182

35481335V

Incumprimento do horario de apertura ou peche de establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público ou para o desenvolvemento de actividades establecido como medida preventiva polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación, por permanecer nun local de hostalaría fóra do horario máximo de apertura establecido

Art. 41.bis.i) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde, de Galicia

Art. 44.bis) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde, de Galicia

300 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0185

35481335V

Incumprimento da obriga de uso de máscaras ou doutros medios de protección, ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Art. 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Art. 44.bis) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros