Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58318

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da primeira proba do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 28 de outubro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de maio (DOG núm. 99, do 24 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), e modificado pola Resolución do 6 de xuño de 2022 (DOG núm. 111, do 10 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co establecido na base II.1.1.2 da resolución da convocatoria do proceso selectivo, convócanse para a realización da primeira proba do segundo exercicio as seguintes persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio e que non acreditaron o nivel de coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B2, ou superior, dentro do Marco común europeo de referencia:

NIF

Apelidos e nome

***2896**

Antelo Castelo, José Antonio

***7146**

Bahamonde Amor, Javier

***9920**

Barros Fernández, Rubén

***1443**

Domínguez Groba, Antonio

***6506**

Freire Gato, Francisco

***9608**

Gallego Míguez, Roberto

***1211**

Laya Picado, José María

***7742**

Martínez Suárez, David Fernando

***2036**

Martínez Suárez, Luis

***8824**

Paz González, Breixo

***9663**

Requeijo Figueiras, José

***4723**

Santos Blanco, Óscar

***5099**

Santos García, Marcos

***0101**

Vázquez Paz, Rebeca

***0648**

Vázquez Suárez, Carlos

***8753**

Velasco Montes, María Purificación

***2592**

Vilariño Fidalgo, Tomás

Segundo. De conformidade co establecido na base II.1.1.2 da resolución da convocatoria do proceso selectivo, todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio acreditaron estar exentas de realizar a segunda proba do segundo exercicio a través da acreditación de posuíren, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 14 de novembro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, no polígono das Fontiñas, na rúa Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2022

Javier Páez González
Presidente do tribunal