Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58413

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto das convocatorias, bases xerais e bases específicas dos procesos selectivos para o ingreso como persoal funcionario de carreira ou laboral fixo en prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro).

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 224, do 29 de setembro de 2022, publícanse as convocatorias, bases xerais e bases específicas, que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira ou laboral fixo, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, IB) taxa adicional de estabilización de emprego temporal (artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro), que a seguir se sinalan:

Seis prazas de técnico/a de xestión, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala xestión, grupo A-subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición (cinco pertencentes á cota xeral e unha pertencente á cota de reserva a persoas con capacidades diferentes), acceso libre.

Tres prazas de administrativo/a, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala administrativa, grupo C-subgrupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de técnico/a de comunicación audiovisual, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase labores especiais, grupo A-subgrupo A1, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de técnico/a de turismo, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as superiores, grupo A-subgrupo A1, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

Dúas prazas de enxeñeiro/a técnico/a agrícola, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo A-subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de técnico/a superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos auxiliares, grupo B, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de técnico/a medio de microinformática e redes, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos auxiliares, grupo C-subgrupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de maquinista-condutor/a, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, categoría oficial, grupo C-subgrupo C2, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

Dúas prazas de maquinista-condutor/a, do cadro de persoal laboral fixo, grupo C-subgrupo C2, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

Tres prazas de peón/peoa de granxa, do cadro de persoal laboral fixo, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de peón/peoa de reparación de vías provinciais, do cadro de persoal laboral fixo, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.

Lugo, 13 de outubro de 2022

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 26.7.2019)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social