Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58412

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamarín

ANUNCIO de convocatoria de selección de persoal para unha praza de auxiliar de axuda no fogar.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 17 de outubro de 2022, aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección de persoal mediante concurso-oposición dunha praza de traballador/a para o posto de auxiliar do servizo de axuda no fogar do Concello de Vilamarín, persoal laboral fixo, acollido ao proceso de estabilización do emprego temporal do Concello de Vilamarín. Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello:

vilamarin.sedelectronica.es aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello: vilamarin.sedelectronica.es e no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

Vilamarín, 17 de outubro de 2022

Amador Vázquez Vázquez
Alcalde presidente