Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 577/2022, do 6 de outubro de 2022, aprobouse a seguinte oferta de emprego público, para dar cumprimento do previsto no artigo 2 e na disposición adicional 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público:
Persoal laboral fixo:
Denominación |
Categoría |
Número de prazas |
Xornada |
Sistema de acceso estabilización |
Profesor/a de música (xornada parcial do 50 %) |
Profesor |
1 |
Parcial do 50 % |
Concurso |
Operario/a de servizos municipais |
Peón |
2 |
Completa |
Concurso |
Responsable Omix e oficina de turismo |
Encargado |
1 |
Completa |
Concurso |
Monitor/a deportivo/a |
Monitor |
1 |
Completa |
Concurso |
Guía turístico e medioambiental |
Guía turístico |
1 |
Completa |
Concurso |
Auxiliar administrativo/a |
Auxiliar administrativo |
1 |
Completa |
Concurso |
Auxiliar de axuda no fogar |
Auxiliar |
3 |
Completa |
Concurso |
Orientador/a laboral |
Técnico |
1 |
Completa |
Concurso |
Animador/a cultural |
Animador cultural |
1 |
Completa |
Concurso |
O que se fai público para xeral coñecemento, e advírteselles aos/as interesados/as que contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, poden interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou o recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optara por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Así mesmo, poderá exercer calquera outro recurso que considere pertinente.
Laxe, 10 de outubro de 2022
O alcalde
P.S. (Resolución da Alcaldía núm. 509/2022, do 13.9.2022)
Francisco Charlín Oróns
Primeiro tenente de alcalde