Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO das bases específicas para a provisión de varias prazas para a estabilización de emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 172, do 9 de setembro de 2022, publicáronse as bases específicas que rexeran o proceso selectivo para cubrir varias prazas de administrativo/a, delineante, operario de medio natural, oficial albanel e oficial electricista para a estabilización de emprego mediante concurso incluídas na OEP extraordinaria de 2021 do Concello de Narón.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 176, do 15 de setembro de 2022, publicáronse as bases específicas que rexeran o proceso selectivo para cubrir varias prazas de auxiliar administrativo/a e conserxe para a estabilización de emprego mediante concurso-oposición incluídas na OEP extraordinaria de 2021 do Concello de Narón e Padroado de Cultura do Concello de Narón.

Narón, 21 de setembro de 2022

Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa