Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58300

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se modifica o anexo da Resolución do 28 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN519B).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 9 do anexo I da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (IN519B), por medio da Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, do 28 de xuño de 2022, publicouse o extracto das axudas outorgadas pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ao abeiro da dita orde (DOG núm. 132, do 12 de xullo).

Mediante a Resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, do 2 de xuño de 2022, resolveuse a orde de convocatoria e constituíuse unha lista de espera cos expedientes que non resultaron beneficiarios. A data límite do período de vixencia da dita lista, establecida pola dita resolución, foi o 30.9.2022.

Antes do peche da lista de espera recibiuse a renuncia dun dos concellos beneficiarios á axuda concedida, o que implicou a existencia de crédito dispoñible. De acordo co establecido no artigo 15.2 das bases reguladoras e cos requisitos establecidos na epígrafe Condicións xerais para os expedientes que conforman a lista de espera da Resolución do 2 de xuño de 2022, a lista foi atendida por rigorosa orde de puntuación e cando existiu crédito axeitado e suficiente para atender a totalidade do importe de subvención asignado á solicitude. De acordo con isto, concedeuse a axuda á solicitude que figuraba no primeiro posto da lista de espera.

Procédese, por medio desta resolución, á publicación dos beneficiarios definitivos das axudas outorgadas pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2021. No anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas. A lista inclúe os beneficiarios que renunciaron á subvención.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2022

Paula Uría Traba
Secretaria xeral de Industria

ANEXO

Subvencións concedidas

Solicitante

NIF

Expediente

Finalidade

Contía da axuda

Concello de Arbo

P3600100F

IN519B 2022/66-0

Mellora da circulación no parque empresarial de San Xoán de Barcela.

74.396,46 €

Concello de Boiro

P1501100J

IN519B 2022/43-0

Mellora de infraestruturas no parque empresarial de Espiñeira.

65.576,20 €

Concello de Boqueixón

P1501200H

IN519B 2022/58-0

Mellora das vías perimetrais do polígono de Camporrapado.

120.000,00 €

Concello de Cambados

P3600600E

IN519B 2022/05-0

Dotación de infraestruturas no polígono industrial de Sete Pías-Oubiña.

96.000,00 €

Concello de Cambre

P1501700G

IN519B 2022/26-0

Reposición e ampliación de hidrantes no polígono industrial Espírito Santo.

44.366,52 €

Concello de Campo Lameiro

P3600700C

IN519B 2022/72-0

Mellora do punto limpo do parque empresarial da Facha para xestión de residuos.

38.719,99 €

Concello da Cañiza

P3600900I

IN519B 2022/55-0

Obras de urbanización.

77.670,00 €

Concello de Carballo

P1501900C

IN519B 2022/40-0

Acondicionamento de aparcadoiro e sinalización no polígono industrial de Bértoa.

120.000,00 €

Concello de Carballo

P1501900C

IN519B 2022/65-0

Mellora da seguridade no polígono de Bértoa.

16.541,87 €

Concello de Celanova

P3202500I

IN519B 2022/61-0

Ampliación da EDAR do polígono industrial de Celanova.

119.999,99 €

Concello de Cervo

P2701300B

IN519B 2022/12-0

Execución de beirarrúas e renovación de saneamento no polígono industrial de Cuíña.

120.000,00 €

Concello de Coirós

P1502700F

IN519B 2022/10-0

Afirmados e pavimentacións de aparcadoiros e vías internas no parque empresarial de Coirós.

106.405,53 €

Concello de Cortegada

P3202800C

IN519B 2022/59-0

Infraestrutura viaria de acceso ao parque empresarial de Cortegada.

54.510,06 €

Concello de Cospeito

P2701500G

IN519B 2022/52-0

Mellora de xestión de residuos no parque empresarial de Feira do Monte.

9.568,18 €

Concello de Fene

P1503600G

IN519B 2022/51-0

Mellora de accesos ao polígono de Vilar de Colo.

100.399,48 €

Concello da Lama

P3602500E

IN519B 2022/30-0

Mellora das infraestruturas viarias interiores no parque empresarial do Racelo.

38.718,26 €

Concello da Lama

P3602500E

IN519B 2022/76-0

Xestión de residuos.

119.844,31 €

Concello da Laracha

P1504200E

IN519B 2022/29-0

Sinalización horizontal e vertical do parque empresarial da Laracha e accesos.

37.369,84 €

Concello de Melide

P1504700D

IN519B 2022/68-0

Proxecto de reposición de vías do parque empresarial da Madanela.

38.589,32 €

Concello de Muros

P1505400J

IN519B 2022/07-0

Mellora das infraestruturas no parque empresarial de Muros. Fase I.

56.080,90 €

Concello de Negreira

P1505700C

IN519B 2022/63-0

Sistema de videovixilancia e control de accesos no polígono industrial de Negreira.

103.421,38 €

Concello de Oleiros

P1505900I

IN519B 2022/47-0

Renovación da capa de rodaxe en diversas rúas do polígono industrial de Icaria.

107.813,84 €

Concello de Ordes

P1506000G

IN519B 2022/33-0

Infraestruturas viarias no polígono de Merelle.

118.682,66 €

Concello de Oroso

P1506100E

IN519B 2022/09-0

Mellora de pavimento na avenida Álvaro Cunqueiro e rúa Eduardo Pondal do parque empresarial de Sigüeiro.

96.207,09 €

Concello de Outeiro de Rei

P2703900G

IN519B 2022/57-0

Mellora de accesos no parque empresarial de Outeiro de Rei.

114.658,59 €

Concello de Palas de Rei

P2704000E

IN519B 2022/19-0

Mellora do firme do parque empresarial.

38.711,58 €

Concello do Pereiro de Aguiar

P3205900H

IN519B 2022/34-0

Mellora da vía de acceso noroeste ao parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

93.497,56 €

Concello de Ponteceso

P1506900H

IN519B 2022/37-0

Mellora do acceso ao parque empresarial de Tella. Fase II.

117.297,49 €

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

IN519B 2022/21-0

Instalación de sistemas CCTV no polígono industrial de Pena Porreira.

14.450,50 €

Concello de Ribadumia

P3604600A

IN519B 2022/77-0

Mellora de infraestruturas no polígono industrial de Cabanelas-Ribadumia.

91.487,13 €

Concello de Ribeira

P1507400H

IN519B 2022/60-0

Melloras nas instalacións de pretratamento das augas residuais do polígono industrial de Xarás.

96.000,00 €

Concello de Salvaterra de Miño

P3605000C

IN519B 2022/13-0

Mellora de beirarrúas no polígono industrial de Salvaterra de Miño.

85.429,31 €

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B 2022/16-0

Pavimentación de rúas D e K do polígono industrial de Barreiros.

42.040,98 €

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B 2022/45-0

Mellora da rede troncal de videovixilancia no polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

39.179,49 €

Concello de San Cristovo de Cea

P3207700J

IN519B 2022/54-0

Infraestrutura viaria no polígono industrial de San Cristovo de Cea.

120.000,00 €

Concello de Santa Comba

P1507800I

IN519B 2022/38-0

Mellora do saneamento do parque empresarial de Santa Comba.

80.717,60 €

Concello de Sarria

P2705700I

IN519B 2022/46-0

Mellora de infraestruturas viarias no polígono industrial do Morelle.

120.000,00 €

Concello de Val do Dubra

P1508900F

IN519B 2022/74-0

Mellora de infraestruturas viarias no polígono de Val do Dubra.

117.759,98 €

Concello de Valga

P3605600J

IN519B 2022/04-0

Mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial de Campaña (zona leste).

119.998,81 €

Concello de Vilamarín

P3208800G

IN519B 2022/28-0

Mellora da xestión de residuos no parque
empresarial de Tamallancos.

38.659,61 €

Concello de Vilamarín

P3208800G

IN519B 2022/56-0

Mellora da accesibilidade e seguridade no acceso no polígono empresarial de Tamallancos.

31.678,10 €

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

IN519B 2022/49-0

Mellora da infraestrutura viaria do parque empresarial de Santa Marta.

24.910,17 €

Concello de Xove

P2702500F

IN519B 2022/35-0

Melloras na EDAR do parque empresarial de Camba.

87.278,93 €