Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58570

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da acta de entrega ao Concello de Narón dos treitos DP-5401-1R e DP-5401-2R da estrada DP-5401.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas, faise pública a seguinte acta de entrega ao Concello de Narón dos treitos DP-5401-1R e DP-5401-2R da estrada DP-5401:

A Coruña, 12 de xullo de 2022

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación Provincial
da Coruña

Amparo Taboada Gil
Secretaria xeral da Deputación Provincial
da Coruña

Acta de entrega ao Concello de Narón dos treitos DP-5401-1R
e DP-5401-2R da estrada DP-5401

A Coruña, 14 de xuño de 2022

Reunidos:

Dunha parte, Valentín González Formoso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.

Doutra parte, Marián Ferreiro Díaz, alcaldesa do Concello de Narón, actuando ambos no exercicio do seu cargo e na representación que exercen, e recoñecéndose mutuamente capacidade para a sinatura deste documento,

Manifestan:

Que o Concello solicitou á Deputación Provincial da Coruña o cambio de titularidade do antigo tramo da DP-5401 (treito que vai desde a AC-566 á nova DP-5401) na aldea de Borreiros, que se corresponde cos treitos DP-5401-1R e DP-5401-2R da estrada DP-5401.

Incorpórase plano en que se identifican graficamente os límites dos treitos afectados como anexo.

O Pleno da Deputación Provincial da Coruña acordou, en sesión ordinaria do 31 de xullo de 2020, transferir ao Concello de Narón a titularidade dos citados treitos.

A Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o Decreto 172/2020 do 1 de outubro, publicado no Diario Oficial de Galicia do 15 de outubro de 2020, aprobou o cambio de titularidade dos citados treitos.

Por todo o exposto,

ACORDAN:

Formalizar esta acta de entrega nos termos indicados a seguir:

I. A Deputación Provincial fai entrega ao Concello de Narón dos seguintes treitos antigos da estrada DP-5401:

Clave

X-inicial

Y-inicial

X-final

Y-final

DP-5401-1R

566.526

4.820.788

566.095

4.820.764

DP-5401-2R

565.832

4.820.720

565.584

4.820.802

II. O Concello de Narón acepta e recibe os citados treitos da estrada DP-5401.

Así o din e asinan no lugar e na data establecidos no encabezamento.

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación Provincial
da Coruña

Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa do Concello de Narón

ANEXO

missing image file