Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58567

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da acta de entrega ao Concello da Coruña das estradas DP-3001, DP-3003 e DP-3007 na súa totalidade.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas, faise pública a seguinte acta de entrega ao Concello da Coruña das estradas DP-3001, DP-3003 e DP-3007 na súa totalidade:

A Coruña, 12 de xullo de 2022

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Amparo Taboada Gil
Secretaria xeral da Deputación Provincial da Coruña

Acta de entrega ao Concello da Coruña das estradas DP-3001,
DP-3003 e DP-3007 na súa totalidade

A Coruña, 17 de marzo de 2022

Reunidos:

Dunha parte, Valentín González Formoso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.

Doutra parte, Inés Rey García, alcaldesa do Concello da Coruña, actuando ambos no exercicio do seu cargo e na representación que exercen, e recoñecéndose mutuamente capacidade para a sinatura deste documento,

Manifestan:

Que o Concello solicitou á Deputación Provincial da Coruña o cambio de titularidade das seguintes estradas:

Clave

Denominación

X-inicial

Y-inicial

X-final

Y-final

Lonx. (km)

DP-3001

Acceso ao sanatorio de Sta. Gema en Palavea

549.484

4.797.623

549.811

4.797.763

0,48

DP-3003

S. Pedro de Visma a Mazaído

546.061

4.801.909

545.064

4.800.684

2,38

DP-3007

A Grela á Moura

546.451

4.799.500

546.005

4.800.216

0,87

Incorpórase plano en que se identifican graficamente os límites dos tramos afectados como anexo.

O Pleno da Deputación Provincial da Coruña acordou, en sesión ordinaria do 30 de xuño de 2021, transferir ao Concello da Coruña a titularidade das citadas estradas.

A Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o Decreto 27/2022, do 24 de febreiro, publicado no Diario Oficial de Galicia do 9 de marzo de 2022 aprobou o cambio de titularidade das ditas estradas.

Por todo o exposto,

ACORDAN:

Formalizar esta acta de entrega nos termos indicados a seguir:

I. A Deputación Provincial fai entrega ao Concello da Coruña das seguintes estradas provinciais na súa totalidade:

Clave

Denominación

X-inicial

Y-inicial

X-final

Y-final

Lonx. (km)

DP-3001

Acceso ao sanatorio de Sta. Gema en Palavea

549.484

4.797.623

549.811

4.797.763

0,48

DP-3003

S. Pedro de Visma a Mazaído

546.061

4.801.909

545.064

4.800.684

2,38

DP-3007

A Grela á Moura

546.451

4.799.500

546.005

4.800.216

0,87

II. O Concello da Coruña acepta e recibe as citadas estradas.

Así o din e asinan no lugar e na data establecidos no encabezamento.

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación Provincial
da Coruña

Inés Rey García
Alcaldesa do Concello da Coruña

ANEXO

missing image file