Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58566

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de resolución de execución subsidiaria de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas na parroquia de Galdo.

Ao non ser posible a práctica da notificación ao titular da referencia catastral que se relaciona a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar, mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, a execución subsidiaria da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas na parcela, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Concédese un prazo de quince (15) días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, para que os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e/ou presenten as alegacións que xulguen oportunas.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

DNI do titular catastral

8466/2021

27067A059024920000XY

A Feira, parroquia de Galdo, concello de Viveiro (Lugo)

01516727S

Viveiro, 17 de outubro de 2022

María Loureiro García
Alcaldesa