Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58565

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO da convocatoria de procedemento selectivo referente a varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 250, do 31 de outubro de 2022, e na sede electrónica do Concello de San Cibrao das Viñas (sancibrao.sedelectronica.es) publicáronse as bases da convocatoria do proceso selectivo para a provisión das seguintes prazas:

Funcionarios de carreira:

Grupo

Subgrupo

Xornada

Nº vacantes

Denominación

Sistema de provisión

A

A2

Completa

1

Técnico/a de xestión

Oposición libre

C

C1

Completa 

1

Administrativo de admón. xeral

Oposición libre

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello https://sancibrao.sedelectronica.es e, de ser o caso, no taboleiro de anuncios, para unha maior difusión.

San Cibrao das Viñas, 3 de novembro de 2022

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde