Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Á vista de que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos ou ben resultou infrutuosa a súa notificación, por este anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas que se describen a seguir:

Nº de expediente

Titular catastral

Referencia catastral

Nome do lugar

659/2020

En investigación; artigo 47 da Lei 33/2003

36030A085029780000MW

Pedra do Cuco

695/2022

Purificación Carballo Amoedo

36030A085029720000MJ

Pedra do Cuco

725/2022

(Herdeiros de) Quintín Gómez García

36030A071022640000MO

Hervilla

745/2022

Laura Carballo Lorenzo

36030A046004230000MS

Portela

746/2022

En investigación; artigo 47 da Lei 33/2003

36030A046003800000MF

Portela

747/2022

En investigación; artigo 47 da Lei 33/2003

36030A046003810000MM

Portela

751/2022

María del Carmen Guitián Troncoso

5458107NG4755N0001JR

759/2022

En investigación; artigo 47 da Lei 33/2003

36030A062000780000MM

Datrás da Casa

761/2022

(Herdeiros de) Eduardo Paz González

36030A062000770000MF

Rocha

1004/2022

Veciños de Mondariz

36030A042002570000MI

Fixaco

1006/2022

(Herdeiros de) Ceferino Barral Martínez

36030A042003500000MK

Tudres

1007/2022

Carmen Bernárdez Táboas

36030A042003530000MX

Costa Rega

En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección realizada se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o dito prazo e, en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.4 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da Xefatura Territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da Xefatura Territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, pola presenza dunha ordenanza municipal ao respecto (Ordenanza reguladora de limpeza de terreos, xestión de biomasa forestal e das distancias de plantación para a prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Mondariz, do 13 de decembro de 2018) para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao Pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter.2 desta lei:

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2 g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b)

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Recursos: contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo, ante a Alcaldía deste concello, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte o da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte o da publicación deste anuncio, conforme o artigo 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de optar por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

De se interpoñer o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015; entenderase desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal, e daquela os interesados poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Mondariz, 18 de outubro de 2022

Xosé Emilio Barros Bello
Alcalde