Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 24 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a carta de pagamento do expediente sancionador 20210971AE-LU, por infracción en materia sanitaria.

O día 28 de xullo de 2022, a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20210971AE-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

O 8 de setembro de 2022, a persoa interesada solicitou o pagamento voluntario da sanción. Tras intentar a notificación da carta de pagamento, segundo o disposto no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lle notifica á persoa interesada a carta de pagamento, segundo o disposto no artigo 44 da devandita lei, para que teña coñecemento dela.

A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, para proceder ao pagamento da sanción. Poderá acceder á carta de pagamento íntegra e ao expediente sancionador nas dependencias desta xefatura, sitas en Lugo, na rúa Montevideo, 9, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015.

Unha vez recibido o comprobante do pagamento da sanción, segundo o artigo 85 da Lei 39/2015, resolverase o expediente. De non recibir o xustificante de pagamento antes da resolución do procedemento, a persoa interesada perderá o dereito ao desconto do 25 %, porcentaxe de redución indicada por pagamento voluntario no artigo 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 8/2021, do 25 de febreiro.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 24 de outubro de 2022

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: 20210971AE-LU.

DNI da persoa denunciada: 34301813G.

Último enderezo coñecido: avenida de Portugal, 55-3º C, 27500 Chantada.

Feito imputado: suposta infracción da lexislación aplicable en materia de saúde pública.