Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 24 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2022/0389-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, previa cita no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que proceda, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinalan, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a consellería de facenda correspondente.

Expediente: RL 2022/0389-4.

Acta: I362022000021305.

Empresa: Novarestyling Ldaes.

Enderezo: estrada de Melgaço, edif. Costa Verde Françao, 1º Cortes, escaleira LJ. Monçao, (Ay. Viana do Castelo) Portugal.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, artigo 6.2 da Lei 45/1999, do 29 de novembro, artigo 5 do Real decreto 1659/1998, do 24 de xullo, en relación co artigo 8.5 da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 10.2.b) e 39 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 15.9.2022

Resolución: multa de 1.501 €.

Vigo, 24 de outubro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra