Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 24 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas do procedemento indicado no anexo.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer para ser notificadas no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación do citado procedemento, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As notificacións pendentes tamén poderán obterse mediante comparecencia no Sistema de notificacións de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2022

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

Mª Cristina Arcay Rodríguez

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Mª Victoria Aceiro Martínez

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Mª Esther Ponte Sanmartín

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Rosa Mª Silva Costa

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)