Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 24 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da Resolución do 4 de outubro de 2022 pola que se revisa a autorización ambiental integrada, outorgada a Babcock Kommunal MBH e Técnicas Medioambientales, Tecmed, S.A. UTE (Albada), para o centro de tratamento de residuos urbanos da Coruña, situado no concello da Coruña (número de rexistro AAI 2014-IPPC-35-281).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: centro de tratamento de residuos urbanos da Coruña

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Babcock Kommunal MBH e Técnicas Medioambientales, Tecmed, S.A. UTE (Albada)

Núm. de rexistro AAI: 2014-IPPC-35-281

Localización: concello da Coruña

Expediente: 2020-IPPC-M-19

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático