Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de novembro de 2022, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/20/012.09.

Para os efectos de coñecemento por parte dos interesados, ao resultar infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento das actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de humanización da PO-323, 1ª fase, de clave PO/20/012.09, que terán lugar no Concello de Vigo o día 15 de novembro de 2022.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoal debidamente autorizado, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poderán ver o expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43-1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 4 de novembro de 2022

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Día

Hora

1

5379607NG2757N

Herdeiros de José Gil Vicente

15.11.2022

10.00