Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acordo de inicio dun procedemento de retirada dun permiso de explotación para o marisqueo a pé.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de inicio do procedemento de retirada do permiso de explotación para o marisqueo a pé.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) do BOE), nas oficinas da Xefatura Comarcal da Consellería do Mar, situadas no Alto da Rosa, s/n, O Carril, Vilagarcía de Arousa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Vigo, 26 de outubro de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

DNI

Acto que se notifica

35475119B

Acordo de inicio do 10.10.2022