Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58642

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 10 e 17 de outubro e 3 e 7 de novembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo), e pola Resolución do 31 de agosto de 2022 (DOG núm. 168, do 5 de setembro), para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Na sesión do día 10 de outubro, ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, na quenda de acceso libre, anular as preguntas número 29, 68, 76, 96, 107 e 115. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 123, 124, 125, 127, 129 e 130. Acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 35, sendo a correcta a alternativa c); na pregunta 44, sendo a correcta a alternativa d); na pregunta 71, sendo a correcta a alternativa a); na pregunta 72, sendo a correcta a alternativa a); na pregunta 84, sendo a correcta a alternativa c), e na pregunta 94, sendo a resposta correcta a alternativa a). Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Na quenda de promoción interna, anular as preguntas número 9, 48, 56, 76, 87 e 95. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 101, 102, 103, 105, 107 e 108. Acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 15, sendo a correcta a alternativa c); na pregunta 24, sendo a correcta a alternativa d); na pregunta 51, sendo a correcta a alternativa a); na pregunta 52, sendo a correcta a alternativa a); na pregunta 64, sendo a correcta a alternativa c), e na pregunta 74, sendo a resposta correcta a alternativa a). Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre as persoas aspirantes que obtiveron una puntuación mínima de vinte (20) puntos. Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, mediante a Resolución deste tribunal do 27 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade aos criterios de corrección do primeiro exercicio, estableceuse que, na quenda de acceso libre, superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas nesta quenda (18), sempre que acaden o mínimo do 50 %, en cada unha das dúas partes, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que supere este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

No acceso pola quenda de promoción interna, o tribunal acordou que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non acade o número de prazas convocadas nesta quenda (2), rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Feita a corrección en sesión do día 17 de outubro de 2022, e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de 38 aspirantes no conxunto de ambas as quendas.

Despois de publicarse exclusivamente na web detectouse algún erro no proceso automatizado de lectura e corrección do primeiro exercicio do proceso selectivo, polo que, en sesión do 3 de novembro, este tribunal acordou solicitar á Dirección Xeral da Función Pública unha nova corrección.

Terceiro. Como resultado deste proceso, en sesión do 7 de novembro, o tribunal acorda rectificar a Resolución deste tribunal do 17 de outubro, exclusivamente no referente á relación de puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre, na quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas, de conformidade coa corrección dos exercicios acordada na sesión do 7 de novembro, polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles que se contan desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2022

Carlos Calzadilla Bouzón
Presidente do tribunal