Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se acorda a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Berta Novoa Rivas.

María Berta Novoa Rivas, con DNI 33574195Z, nada en Lugo o 2 de decembro de 1925, faleceu o 29 de abril de 2017, con derradeiro domicilio, segundo o padrón municipal de habitantes, na rúa Monforte da cidade de Lugo, datos que figuran comprobados, xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar do 18 de outubro de 2022, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio. O devandito informe foi emitido logo de realizar as actuacións previas precisas que levan a considerar procedente a apertura do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, 4 e 7 do Decreto 133/2022, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, e de acordo co artigo 20.bis da Lei 33/2003, do patrimonio das administracións públicas,

RESOLVO:

1º. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Berta Novoa Rivas.

2º. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, Área Temática de Patrimonio, Anuncios, que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

3º. Remitir copia da presente resolución ao Concello de Lugo, así como a calquera outro no cal durante a instrución deste procedemento se detecten bens da persoa causante, para a súa exposición pública no seu taboleiro de anuncios, por prazo non inferior a un mes.

O prazo máximo ordinario para resolver este procedemento é dun ano contado desde a data de adopción da presente resolución.

Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera interesado poderá presentar alegacións ou achegar os documentos e outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código expediente ABI/2017/0026, Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

Conforme o previsto no artigo 112.1, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra esta resolución non se poderá interpor recurso administrativo, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este acto de trámite que se presenten durante o procedemento sexan obxecto de consideración, se procede, na resolución que poña fin ao procedemento.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública