Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 19 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o plan de restauración da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Monte Naveira, número 64, situada no concello de Santiago de Compostela (A Coruña), promovido por Miguel García Sabel.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), esta xefatura territorial

ACORDA:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo, o plan de restauración da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Monte Naveira, número 64, situada no concello de Santiago de Compostela (A Coruña), promovido por Miguel García Sabel, rúa das Pozas, 19, Santiago de Compostela (A Coruña).

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo dito proxecto poderán examinalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, número 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico sección.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da devandita consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Así mesmo, poderán formular as súas alegacións por escrito perante este órgano administrativo, que se presentarán en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación do plan de restauración, cuxa autorización lle compete á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 19 de setembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña