Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos termos municipais de Oroso e Ordes (expediente IN407A 2022/229-1).

Expediente: IN407A 2022/229-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LAT 66 kV CT01 Sigüeiro-Mesón do Vento. Distancias antirregulamentarias entre AP.8-AP.96.

Termos municipais: Oroso e Ordes.

1. Características técnicas:

– Instalación entre o apoio 8 e o apoio 96 da traza da LAT 66 kV CT01 Sigüeiro-Mesón do Vento (expedientes 5.912 e IN407A 2005/474-1), dos novos apoios de maior altura 9N, 55N, 79N, 80N e 93N, en vez dos existentes 9, 55, 79, 80 e 93, coa finalidade de adaptar ás exixencias regulamentarias as distancias respecto doutras infraestruturas eléctricas e edificacións.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 10 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Termo municipal de Ordes.

Número do predio: 3.

Referencia catastral: polígono 512, parcela 1971.

Lugar: A Chousa da Portela.

Cultivo: prados ou praderías.

Propietaria: Adolfina López Amor.

Afección de solo en pleno dominio:

– Apoio número: 79N.

– Afección apoio: 4 m2.

Número do predio: 4.

Referencia catastral: polígono 512, parcela 1986.

Lugar: A Chousa da Portela.

Cultivo: labradío.

Propietario: Rogelio Martínez Gómez.

Afección de solo en pleno dominio:

– Apoio número: 80N.

– Afección apoio: 3 m2.

Número do predio: 5.

Referencia catastral: polígono 512, parcela 1123.

Lugar: A Pedreira.

Cultivo: labradío.

Propietario/a: descoñecido/a.

Afección de solo en pleno dominio:

– Apoio número: 93N.

– Afección apoio: 4 m2.