Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58601

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 4 da Resolución do 9 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Aprobar as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2022

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza