Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58602

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 7 de novembro de 2022 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario.

As denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas creáronse como instrumentos para protexer e promover as producións de calidade propias de determinados territorios e son, polo tanto, elementos importantes para o desenvolvemento rural. Están reguladas actualmente mediante diversa normativa europea, que trata de dar un enfoque común en todo o territorio da Unión aos diferentes réximes de calidade. A estes réximes de calidade habería que unir tamén o constituído pola produción ecolóxica, o cal tamén é obxecto de regulación mediante normativa europea.

A escala autonómica, a regulación destes indicativos de calidade realizouse mediante a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, e o Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, que a desenvolve.

A dita normativa autonómica regula a figura dos consellos reguladores como corporacións de dereito público aos cales se atribúe a xestión da denominación, para o que actúan con autonomía económica e plena capacidade de obrar. A tutela administrativa sobre cada Consello Regulador exércea a consellería competente en razón da natureza do produto de que se trate, agraria ou mariña.

Esta normativa autonómica establece tamén que os órganos de goberno dos consellos reguladores deben renovarse cada catro anos e que é competencia da consellería que exerce a dita tutela realizar a correspondente convocatoria, aínda que aos consellos reguladores lles corresponde a organización do proceso de acordo con principios democráticos e respectando as normas básicas do réxime electoral que se recollen no capítulo VI do citado Decreto 4/2007.

O último proceso electoral no relativo aos produtos do sector agroalimentario –e, polo tanto, competencia da Consellería do Medio Rural– desenvolveuse tras a publicación da Orde do 3 de abril de 2017 da dita consellería (DOG núm. 67, do 5 de abril), pola que se convocaron eleccións para a renovación dos órganos de goberno dos consellos reguladores das denominacións de orixe Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla, San Simón da Costa, Cebreiro e Pemento de Herbón, dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas Pataca de Galicia, Mel de Galicia, Pan de Cea, Faba de Lourenzá, Castaña de Galicia, Grelos de Galicia, Tarta de Santiago, Pemento do Couto e Pemento da Arnoia, e do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Logo da toma de posesión dos vogais electos destes vinte e un consellos reguladores e da elección por eles das persoas que haberían de ocupar a presidencia e a/as vicepresidencia/s de cada Consello Regulador, o proceso culminou coa aprobación da orde da Consellería do Medio Rural pola que se procedía ao seu nomeamento, que se publicou no DOG do día 3 de agosto de 2017.

Por outra parte, na citada convocatoria do ano 2017 non se incluíu o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Lacón Gallego. Para este, a última convocatoria electoral foi a que se realizou mediante a Orde do 3 de agosto de 2007. Este Consello Regulador non se incluíu na convocatoria de 2017 debido a que no momento da convocatoria non tiñan adaptado o seu regulamento ao contido da citada Lei 2/2005, do 18 de febreiro, e do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

Tampouco se incluíron na convocatoria de 2017 o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Mougán, porque naquel momento levaban pouco tempo constituídos como consellos reguladores provisorios e o número de operadores inscritos era moi baixo, o que non aconsellaba desenvolver un proceso electoral para eles.

Así mesmo, cómpre indicar que desde a celebración do proceso electoral de 2017 se constituíron dous novos consellos reguladores, o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia –que xestiona as indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega e Vaca Gallega-Buey Gallego e que veu substituír o Consello Regulador da IXP Ternera Gallega– e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego, o de máis recente constitución. Ambos os consellos reguladores, como ocorre cos das indicacións xeográficas protexidas Pemento de Oímbra e Pemento de Mougán, funcionan con órganos de goberno provisorios mentres non se realice un proceso electoral.

De acordo co exposto nos parágrafos anteriores, é necesario realizar a convocatoria electoral para a renovación dos órganos de goberno dos consellos reguladores do ámbito agroalimentario, dado que actualmente todos eles excederon o tempo do seu mandato. A situación que estamos a vivir desde hai máis de dous anos por mor da pandemia da COVID-19 impediu que se convocase un novo proceso electoral no prazo establecido no citado Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro. Unha vez que, grazas á vacinación masiva da poboación, a situación sanitaria é moito máis favorable e se vai recuperando a normalidade na actividade económica e social, cómpre convocar un novo proceso electoral, o cal é o obxecto desta orde.

Porén, nesta convocatoria exclúense once dos vinte e seis consellos reguladores constituídos actualmente. Estes consellos reguladores son os das denominacións de orixe protexidas Cebreiro e Pemento de Herbón e os das indicacións xeográficas protexidas Lacón Gallego, Faba de Lourenzá, Grelos de Galicia, Tarta de Santiago, Pemento do Couto, Pemento da Arnoia, Pemento de Oímbra, Pemento de Mougán e Pan Galego.

Os once consellos reguladores que quedan excluídos desta convocatoria son de moi escaso número de inscritos (representan pouco máis do 2 % do total de operadores en réximes de calidade), o que dificulta a formación de candidaturas; e tamén de moi escaso volume de actividade (o valor total da produción destas denominacións é inferior ao 0,5 % do valor total das producións acollidas a réximes de calidade). En definitiva, son consellos reguladores en que o proceso de renovación suscita pouco interese tanto nos operadores como nos axentes sociais e que, ademais, coa regulación prevista na futura Lei da calidade alimentaria de Galicia, actualmente en tramitación, probablemente moitos deles –senón todos– se reconverterán en asociacións sectoriais sen ánimo de lucro e de adscrición voluntaria.

Como se indicou anteriormente, o Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, regula no seu capítulo VI o réxime electoral dos consellos reguladores. Nel establécese que os consellos reguladores rexeranse, nos seus aspectos básicos, polas normas comúns que figuran na súa sección primeira. Ademais, na sección segunda do dito capítulo VI recóllense outras normas electorais complementarias, de aplicación aos consellos reguladores que non establezan normas específicas nos seus regulamentos que as substitúan. Dado que ningún dos regulamentos dos consellos reguladores que se van convocar establece disposicións específicas no relativo ao réxime electoral –remitíndose este réxime en todos eles ao contido nas seccións primeira e segunda do dito capítulo VI do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro–, serán as normas recollidas neste decreto as aplicables aos procesos electorais que se convoquen para estes órganos.

Polo tanto, cómpre realizar a convocatoria de eleccións para a renovación dos órganos de goberno dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras; do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia; dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla e San Simón da Costa; dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas Pataca de Galicia, Mel de Galicia, Pan de Cea e Castaña de Galicia; do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia e do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Por outra parte, é necesario prorrogar o mandato dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Cebreiro e Pemento de Herbón e o dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas Lacón Gallego, Faba de Lourenzá, Grelos de Galicia, Tarta de Santiago, Pemento do Couto e Pemento da Arnoia. A dita prórroga debe ser por un tempo suficiente para a súa adaptación ás previsións que se recollen na nova normativa autonómica sobre a materia, actualmente en tramitación.

Por todo o anterior, logo da audiencia dos consellos reguladores afectados e no uso das facultades que me confire o citado Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria

De acordo co establecido no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, mediante esta orde convócanse eleccións para a renovación dos órganos de goberno dos consellos reguladores das denominacións de orixe Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras; do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia; dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla e San Simón da Costa; dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas Pataca de Galicia, Mel de Galicia, Pan de Cea, Castaña de Galicia; do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia e do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Artigo 2. Calendario electoral

1. O calendario electoral será o que se recolle como anexo I desta orde.

2. Os prazos deste calendario para a presentación de escritos, reclamacións e recursos, cando están sinalados por días, entenderanse días naturais e rematarán ás 14.00 horas do derradeiro día do prazo. O lugar de presentación será a sede do correspondente Consello Regulador ou a da Xunta Electoral, segundo quen deba coñecelos, excepto a presentación de reclamacións sobre os censos, que poderá facerse, ademais de na sede do correspondente Consello Regulador, nos lugares sinalados de exposición destes. Neste caso, os interesados deberán remitir ao Consello Regulador correspondente por correo electrónico, no mesmo día, unha copia da reclamación presentada. Para estes efectos, os consellos reguladores darán publicidade, xunto cos censos, do enderezo electrónico ao que se poderá enviar a reclamación.

Artigo 3. Xunta Electoral

1. Conforme o disposto no artigo 41 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, constituirase unha única xunta electoral para as eleccións aos quince consellos reguladores que se convocan mediante esta orde.

2. A sede da Xunta Electoral serán as dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, no Complexo Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

3. A Xunta Electoral estará presidida polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, que terá como suplente o xerente da dita Axencia.

4. A Xunta Electoral estará integrada, ademais, por:

a) Tres funcionarias ou funcionarios dos grupos A1 ou A2 da Consellería do Medio Rural ou dos seus organismos e entes dependentes.

Suplentes: tres persoas cos mesmos requisitos que as titulares.

b) Tres representantes das organizacións profesionais agrarias e das asociacións de produtores do sector agrario de ámbito galego máis representativas (censos A). Como organizacións profesionais agrarias entenderanse as constituídas de acordo coa Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, ou de acordo coa Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e con representación no Consello Agrario Galego.

c) Tres representantes das asociacións empresariais dos sectores industriais implicados que conten con maior implantación (censos B e D).

d) Un representante das cooperativas dos sectores implicados ou das súas asociacións con maior implantación.

Se o número de candidaturas presentadas para a cobertura das prazas da Xunta electoral en representación dalgún dos diferentes sectores a que se refiren as letras b), c) e d) anteriores é inferior ao que que se recolle nelas, axustarase a composición final á cifra de candidaturas válidas presentadas para ese sector.

e) Secretario ou secretaria: unha persoa funcionaria do grupo A1, licenciada en dereito, da citada consellería ou dos seus organismos e entes dependentes.

Suplente: unha persoa cos mesmos requisitos que a titular.

4. Unha mesma organización profesional agraria, asociación ou entidade cooperativa ou asociación destas non poderá ter máis dun representante.

Artigo 4. Presentación de candidaturas para a Xunta Electoral e designación

1. O proceso electoral dará comezo o día 11 de novembro. Desde ese día e ata o día 15.11.2022, as organizacións profesionais agrarias, asociacións e cooperativas e as súas asociacións, relacionadas coa actividade das denominacións de calidade para as que se convocan eleccións, poderán presentar candidaturas a vogais da Xunta Electoral. As candidaturas conterán un membro titular e un suplente.

2. A presentación de candidaturas farase na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo da Consellería do Medio Rural (no Complexo Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela), mediante solicitude acompañada da documentación requirida no artigo 42 do Decreto 4/2007 citado. Ademais, para avaliar a súa representatividade, no caso das asociacións representativas do sector empresarial industrial e do sector cooperativo e no das cooperativas de segundo e ulterior grao, presentarase unha certificación coa relación de asociados que están inscritos nalgunha das denominacións de calidade para as que se convocan eleccións, en que se especificarán as denominacións en que están inscritos.

3. No suposto de organizacións profesionais agrarias, asociacións ou cooperativas e as súas asociacións integradas noutras de ámbito superior, aquelas unicamente poderán presentar candidaturas se estas non o fixesen.

4. O día 21.11.2022 procederase á designación dos membros da Xunta Electoral. A designación de todos eles, titulares e suplentes, será realizada mediante resolución do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Na dita designación teranse en conta a formación académica e a experiencia dos candidatos e candidatas. Ademais, no caso das asociacións de produtores do sector agrario de ámbito galego, para avaliar a súa representatividade teranse en conta os resultados do último proceso electoral para a renovación dos órganos de goberno dos consellos reguladores realizado en 2017 e, no caso das persoas representantes de asociacións empresariais do sector industrial e cooperativas e as súas asociacións, o grao de implantación destas no sector da actividade da correspondente denominación de calidade, medido este en función dos resultados do dito proceso electoral, do número de socios inscritos, do número de distintas denominacións a que pertencen e do volume de produción certificada comercializada de acordo cos datos do correspondente Consello Regulador.

5. Contra a dita designación poderase interpor, con data límite do 23.11.2022, recurso ante o conselleiro do Medio Rural, que resolverá como máis tarde o día 28.11.2022. O dito recurso será presentado nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo da Consellería do Medio Rural.

6. Tanto a designación das persoas membros titulares e suplentes da Xunta Electoral en representación dos diferentes sectores como, de ser o caso, a resolución dos recursos que se interpoñan contra a dita designación será notificada no enderezo electrónico autorizado pola organización propoñente para os efectos da recepción das comunicacións, segundo o previsto no artigo 42.1.d) do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

Artigo 5. Censos electorais

Os censos electorais, que deberán ser elaborados por cada Consello Regulador para o seu uso no proceso electoral, axustaranse ao modelo que figura no anexo II, e serán os seguintes:

a) Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador, con excepción daqueles que deban integrarse no censo C.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros da denominación, con excepción das adegas que teñan que formar parte do censo C.

O censo B subdividirase, pola súa vez, en dous subcensos, en función da produción de viño cualificado e contraetiquetado como media nos últimos tres anos naturais (2019, 2020 e 2021). Os ditos subcensos serán:

– Subcenso B1: adegas cunha produción menor ou igual a 30.000 litros.

– Subcenso B2: adegas cunha produción maior de 30.000 litros.

Para as adegas que iniciasen a actividade nos últimos tres anos, se nalgún deses anos non tivesen actividade, faranse os cálculos tendo en conta só os anos en que houbo actividade.

Censo C. Sector cooperativo: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador que sexan socios dalgunha cooperativa que sexa, pola súa vez, titular, directa ou indirectamente, dalgunha adega inscrita na denominación a través da cal transformen a uva e comercialicen o viño, así como polos titulares das ditas adegas de base cooperativa.

Neste censo figurarán tamén as sociedades non cooperativas que sexan titulares de viñedos ou de adegas en que a maioría das participacións pertenzan, directa ou indirectamente, a sociedades cooperativas da denominación.

b) Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador, con excepción daqueles que deban integrarse no censo C. Pola súa vez, este censo dividirase en dous subcensos en función do tamaño das explotacións vitícolas:

– Subcenso A1: en que se incluirán os titulares de explotacións con superficie igual ou menor de 2 ha.

– Subcenso A2: formado polos titulares de explotacións vitícolas con superficie superior a 2 ha.

Pola súa vez, os vogais de cada un destes subcensos repartiranse por subzonas de produción de acordo co que se recolle no anexo III.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros da denominación, con excepción das adegas que deban formar parte do censo C. Este censo subdividirase, pola súa vez, en función da produción cualificada nos tres últimos anos (2019, 2020 e 2021), de acordo cos seguintes límites:

– Subcenso B1: adegas cunha produción menor ou igual a 100.000 litros.

– Subcenso B2: adegas cunha produción maior de 100.000 litros. Pola súa vez, este subcenso dividirase en función das subzonas de elaboración de acordo co que se recolle no anexo III.

Para as adegas que iniciasen a actividade nos últimos tres anos, se nalgún deses anos non tivesen actividade, faranse os cálculos tendo en conta só os anos en que houbo actividade.

Censo C. Sector cooperativo: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador que sexan socios dalgunha cooperativa que sexa, pola súa parte, titular, directa ou indirectamente, dalgunha adega inscrita na denominación de orixe, a través da cal transformen a uva e comercialicen o viño, así como polos titulares das ditas adegas de base cooperativa.

Neste censo figurarán tamén as sociedades non cooperativas que sexan titulares de viñedos ou de adegas en que a maioría das participacións pertenzan, directa ou indirectamente, a sociedades cooperativas da denominación.

c) Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas. Este censo, pola súa vez, dividirase en función da produción de uva entregada as adegas da denominación de orixe nos últimos tres anos (2019, 2020 e 2021) do seguinte xeito:

– Subcenso A1: viticultores que están de alta no Consello Regulador pero non comercializaron uva ás adegas da denominación nos anos de referencia.

– Subcenso A2: viticultores que entregaron uva a adegas da denominación nalgún dos anos de referencia e que non están incluídos no censo A3.

– Subcenso A3: agrupará os viticultores que teñan máis superficie de viñedo inscrita no Rexistro de Viñas do Consello Regulador ata acumular o 45 % da superficie inscrita.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros do Consello Regulador. Este censo subdividirase en tres subcensos en función dos quilos de uva vinificados nos últimos tres anos, calculada a media como nos casos anteriores e de acordo cos seguintes valores:

– Subcenso B1: adegas que vinificaron menos quilos e que, polo tanto, non lles corresponde estar nos subcensos B2 nin B3.

– Subcenso B2: adegas que vinificaron menos uva que as do subcenso B3 e que acumulan ata o 15 % da uva procesada da denominación de orixe.

– Subcenso B3: agrupa o conxunto de adegas que no período de referencia vinificaron máis quilos de uva, ata acumular o 65 % da uva vinificada da denominación de orixe.

Para a realización dos cálculos a que se refiren os parágrafos anteriores e a determinación dos censos, terase en conta a media das tres últimas campañas.

d) Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador, coas excepcións daqueles que deban formar parte do censo C, así como daqueles viticultores que, por teren adega de colleiteiro, deban estar no censo D.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros da denominación, con excepción das adegas que deban figurar no censo C e das adegas de colleiteiro. Este censo dividirase en función da produción media dos últimos tres anos (2019, 2020 e 2021) do seguinte xeito:

– Subcenso B1: adegas cunha produción menor ou igual de 400.000 litros.

– Subcenso B2: adegas cunha produción maior de 400.000 litros.

Para as adegas que iniciasen a actividade nos últimos tres anos, se nalgún deses anos non tivesen actividade, faranse os cálculos tendo en conta só os anos en que houbo actividade.

Censo C. Sector cooperativo: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador que sexan socios dalgunha cooperativa que sexa, pola súa parte, titular, directa ou indirectamente, dalgunha adega inscrita na denominación de orixe, a través da cal transformen a uva e comercialicen o viño, así como polos titulares das devanditas adegas de base cooperativa.

Neste censo figurarán tamén as sociedades non cooperativas que sexan titulares de viñedos ou de adegas en que a maioría das participacións pertenzan, directa ou indirectamente, a sociedades cooperativas da denominación.

Censo D. Sector colleiteiro: constituído polos titulares de adegas de colleiteiro, segundo o establecido no artigo 17.1 do regulamento desta denominación de orixe e do seu Consello Regulador. Os inscritos neste censo non poderán estar inscritos en ningún outro censo.

e) Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador, con excepción daqueles que deban formar parte do censo C.

Este censo divídese en dous subcensos do seguinte xeito:

– Subcenso A1: conformado polas persoas viticultoras que achegaron ao Consello Regulador un maior volume económico en concepto de cotas por actividade nos últimos tres anos naturais (2019, 2020 e 2021) ata acumular dúas terceiras partes do total das cotas ingresadas polo Consello Regulador. En todo caso, este censo non será inferior ao 25 % do total de viticultores do censo A.

– Subcenso A2: forman parte deste subcenso o resto das persoas viticultoras do censo A.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros da denominación, con excepción das adegas que deban figurar no censo C. Este censo subdividirase do seguinte xeito:

– Subcenso B1: adegas do censo B que achegaron ao Consello Regulador un maior volume económico en concepto de cotas polos diferentes servizos (control en vendima, verificación e expedición de contraetiquetas) nos últimos tres anos naturais (2019, 2020 e 2021), ata acumular 2/3 partes do total das cotas ingresadas polas adegas do censo B ao Consello Regulador nestes conceptos. Este censo non será inferior ao 25 % do total dos inscritos nel.

– Subcenso B2: forman parte del o resto de adegas do censo B.

Censo C. Sector cooperativo: constituído polas persoas titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador que sexan socias dalgunha cooperativa que sexa, pola súa parte, titular, directa ou indirectamente, dalgunha adega inscrita na denominación de orixe, a través da cal transformen a uva e comercialicen o viño, así como polos titulares das ditas adegas de base cooperativa.

Neste censo figurarán tamén as sociedades non cooperativas que sexan titulares de viñedos ou de adegas en que a maioría das participacións pertenzan directa ou indirectamente a sociedades cooperativas da denominación.

f) Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Censo B1: formado polos titulares de instalacións inscritas como produtoras de subprodutos de vinificación.

Censo B2: formado polos titulares de instalacións de destilado.

Censo B3: constituído polos titulares de locais de elaboración e envasado.

g) Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa.

Censo A. Sector produtor e comercializador de leite: constituído polas persoas titulares de explotacións gandeiras e as empresas que actúen como primeiras compradoras de leite que estean inscritas nos rexistros correspondentes do Consello Regulador.

Censo B. Sector industrial: constituído polas persoas titulares de queixarías e locais de maduración inscritas no rexistro correspondente do Consello Regulador. Este censo subdivídese en 2 subcensos, en función da produción de queixo certificado e contraetiquetado como media nos 3 últimos anos naturais (2019, 2020 e 2021). Para as industrias que iniciasen a actividade nos últimos, tres anos, se nalgún deses anos non tivesen actividade, faranse os cálculos tendo en conta só os anos en que houbo actividade. Os subcensos serán os seguintes:

– Subcenso B1: titulares de queixerías e locais de maduración cunha produción menor, ata acumular o 40 % da produción total.

– Subcenso B2: resto de titulares de queixarías e locais de maduración.

h) Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla.

Censo A. Sector produtor e comercializador de leite: constituído polas persoas titulares de explotacións gandeiras e de empresas primeiras compradoras de leite inscritas nos rexistros correspondentes do Consello Regulador.

Censo B. Sector industrial: constituído polas persoas titulares de industrias elaboradoras de queixo inscritas no Rexistro de Queixarías do Consello Regulador.

i) Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa.

Censo A. Sector produtor: constituído polas persoas titulares de explotacións gandeiras inscritas no rexistro correspondente do Consello Regulador.

Censo B. Sector industrial: constituído polas persoas titulares de industrias elaboradoras de queixo inscritas nos rexistros de queixarías e de locais de maduración e de afumadura do Consello Regulador.

j) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia.

Censo A. Sector produtor: configurado coas persoas titulares de parcelas de cultivo inscritas no Rexistro de Plantacións.

Censo B. Sector industrial: formado polos titulares de instalacións de almacenaxe e envasado inscritas no correspondente rexistro do Consello Regulador.

k) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

Censo A. Sector produtor: constituído polas persoas titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Explotacións do Consello Regulador. Este censo subdivídese en tres subcensos en función do número medio de colmeas dos tres últimos anos (2019, 2020 e 2021). Para as explotacións que iniciasen a actividade nalgún dos tres anos de referencia, se nalgún deses anos non tivesen actividade, faranse os cálculos tendo en conta só os anos en que houbo actividade. Estes subcensos son:

– Subcenso A1: explotacións cun número de colmeas igual ou inferior a 150.

– Subcenso A2: explotacións cun número de colmeas maior de 150 e menor ou igual a 400.

– Subcenso A3: explotacións cun número de colmeas maior de 400.

Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Instalacións de Extracción, Almacenamento e/ou Envasado do Consello Regulador.

Este censo subdivídese en dous subcensos, en función da produción comercializada baixo a indicación xeográfica protexida como media nos tres últimos anos naturais (2019, 2020 e 2021). Para as instalacións que, por teren iniciado a actividade dentro dos últimos anos, nalgún deses anos non tivesen actividade, faranse os cálculos tendo en conta só os anos en que houbo actividade. Estes subcensos son:

– Subcenso B1: instalacións cunha produción menor ou igual a 50.000 kg anuais.

– Subcenso B2: instalacións cunha produción maior de 50.000 kg anuais.

l) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea.

Censo único: constituído polos titulares de fornos elaboradores inscritos no Rexistro do Consello Regulador.

m) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.

– Sector produtor:

Censo A: constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de Produtores e Plantacións.

– Sector industrial:

Censo B1: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Operadores-Comercializadores e Almacenistas en Fresco.

Censo B2: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Instalacións de Procesamento.

n) Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia.

– Sector produtor:

Censo A1: constituído polas persoas titulares de explotacións inscritas no Rexistro de Gandarías do Consello Regulador.

Censo A2: constituído polas persoas titulares de explotacións inscritas no Rexistro de Cebadoiros do Consello Regulador.

– Sector industrial:

Censo B: constituído polos titulares de industrias cárnicas inscritas no Rexistro de Matadoiros do Consello Regulador. Dividirase en dous subcensos, segundo o número de canais certificadas no ano 2021:

– Subcenso B1: matadoiros con ata 2.000 canais certificadas.

– Subcenso B2: matadoiros cunha cantidade de canais certificadas superior a 2.000.

Censo D: constituído polos titulares de industrias cárnicas inscritas no Rexistro de Salas de Despezamento do Consello Regulador.

Censo E: constituído polos titulares de establecementos inscritos no Rexistro de Grosistas e Retallistas de Carne do Consello Regulador.

ñ) Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

– Sector produtor:

Censo A1: constituído polos titulares de explotacións agrícolas inscritas no Rexistro de Empresas Agrarias de Produción Vexetal. Neste censo inclúense tamén os recolectores de algas.

Censo A2: conformado cos titulares de explotacións gandeiras inscritas no Rexistro de Empresas Agrarias de Produción Animal, incluídas as explotacións de acuicultura.

– Sector industrial:

Constituído polos inscritos no Rexistro de Operadores Titulares de Industrias Elaboradoras e/ou Envasadoras.

Este censo divídese en tres subcensos, en función do volume de negocio anual declarado como media nos tres últimos anos naturais (2019, 2020 e 2021) ante o Consello Regulador. Para as industrias que iniciasen a súa actividade nos últimos tres anos, se non tiveron actividade nalgún deles, calcularase o valor tendo en conta só o ano ou os anos de actividade. Os subcensos son os seguintes:

– Subcenso B1: industrias cunha facturación anual de produtos controlados polo Craega igual ou inferior a 100.000 € anuais.

– Subcenso B2: industrias cunha facturación declarada igual ou inferior a 600.000 € anuais e superior a 100.000 €.

– Subcenso B3: industrias cunha facturación declarada superior a 600.000 €.

– Sector comercializador:

Censo D: constituído polos inscritos no Rexistro de Operadores Titulares de Empresas Importadoras e/ou Comercializadoras. Neste censo figurarán exclusivamente aqueles operadores que non teñan instalacións nin manipulen o produto, é dicir, que só comercialicen, importen ou exporten produto.

Artigo 6. Normas para a confección dos censos

1. A data límite para pechar a confección do censo será a de publicación desta orde de convocatoria, polo que os inscritos con posteridade á dita data non se incluirán nos censos. Os consellos reguladores poderán exixir que para figurar no censo as persoas interesadas estean ao día no pagamento das súas obrigas.

2. Nos censos descritos no artigo 5 anterior figurarán exclusivamente os titulares inscritos e con actividade nos rexistros correspondentes do Consello Regulador. De acordo con isto, con carácter xeral, incluiranse exclusivamente os titulares que tivesen actividade nalgunha das tres últimas campañas. Non obstante, nas denominacións que teñan establecidas cotas periódicas para o mantemento da inscrición, poderase considerar, se así o teñen estipulado, que tiveron actividade aqueles operadores que, aínda que non producisen ou elaborasen produtos para amparar ou amparados pola denominación, teñan pagadas as cotas correspondentes.

No caso dos inscritos no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, nos censos figurarán aqueles operadores que teñan o certificado de conformidade de acordo coa norma UNE-EN-ISO 17065 en vigor na data de peche do censo.

3. Como excepción ao previsto con carácter xeral para todos os consellos reguladores no punto 2 anterior, e sen prexuízo do indicado nel para o caso particular do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, poderán figurar no censo:

a) No caso das denominacións de orixe vitivinícolas, os viticultores que non entregasen uva en ningunha das tres últimas campañas debido a ter sometido a totalidade das súas plantacións a procesos de reconversión e reestruturación.

b) No caso dos inscritos nos rexistros de produtores dos subsectores agrícola e gandeiro do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia que, por encontrarse as súas explotacións no período de conversión indicado polo Consello Regulador, aínda non puidesen ter actividade económica dentro da denominación. Incluiranse neste suposto aquelas explotacións que finalizasen o período de conversión despois do 1 de xullo de 2021.

4. Dentro do sector produtor vitícola, unha mesma persoa física ou xurídica só poderá figurar nun censo ou subcenso. No caso de que un titular teña a súa explotación en parte adherida á cooperativa e en parte non, ou que unha parte estea nunha subzona e outra parte noutra, deberá figurar no censo ou subcenso en que teña a maior parte da superficie inscrita.

Artigo 7. Exposición de censos

1. Cada Consello Regulador, unha vez elaborados os censos, expoñeraos na súa sede e remitiraos aos lugares seguintes, para a súa exposición:

– Á sede da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, onde se exporá a totalidade dos censos.

– Ás xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, onde se exporán, cando menos, os censos correspondentes aos inscritos na provincia.

– Ás oficinas agrarias comarcais, onde se exporán, cando menos, os censos correspondentes aos inscritos do seu ámbito xeográfico.

Na exposición dos censos respectarase a normativa sobre protección de datos de carácter persoal.

2. Os censos exporanse nos lugares sinalados no punto 1 anterior entre os días 2.12.2022 e 14.12.2022 (ambos os dous incluídos), de acordo co calendario electoral do anexo I.

3. Durante o citado período de exposición os interesados poderán formular reclamacións ante o correspondente Consello Regulador, que deberá resolvelas con data límite o día 21.12.2022.

4. Contra as ditas resolucións, os interesados, con data límite o 26.12.2022, poderán formular recurso ante a Xunta Electoral, a cal resolverá como máis tarde o día 3.1.2023. Esta resolución notificarase tanto á persoa interesada como ao Consello Regulador. No caso do Consello Regulador, a notificación realizarase á conta de correo electrónico autorizada para o efecto.

5. Unha vez resoltas as reclamacións e os recursos presentados, exporanse os censos definitivos nos mesmos lugares que no caso dos provisionais, de acordo co establecido no calendario electoral do anexo I.

Artigo 8. Candidaturas

1. A partir do día 23.12.2022, e ata o día 5.1.2023, ambos incluídos, poderán presentarse candidaturas ante o Consello Regulador, de acordo cos artigos 49 e 50 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

2. Para os censos de produtores primarios (censos A), as candidaturas poderán ser presentadas polas organizacións profesionais agrarias, entendidas estas como as organizacións representativas dos operadores do sector agrario legalmente constituídas de acordo coa Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, ou de acordo coa Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e as asociacións profesionais, entendidas estas como calquera asociación en que participen os produtores agrarios inscritos no correspondente Consello Regulador legalmente constituídas, de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, ou de acordo coa Lei 12/1991, do 29 de abril, de agrupacións de interese económico. Ningunha destas asociacións precisará da presentación de avais.

Así mesmo, poderán presentarse candidaturas independentes, en que o promotor non é unha persoa xurídica, ás que se lles exixirá vir avaladas, como mínimo, por un 10 % dos inscritos no censo ou subcenso a que concorran.

3. Para o caso dos censos de actividades industriais (elaboración e comercialización, censos B, D e E), as candidaturas poderán ser presentadas por asociacións profesionais, entendidas estas como as legalmente constituídas de acordo coa Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, ou de acordo coa Lei 12/1991, do 29 de abril, de agrupacións de interese económico. Ningunha destas asociacións precisará da presentación de avais.

Tamén poderán presentarse candidaturas independentes, co aval do 10 % dos inscritos no censo ou subcenso a que concorran.

4. Para os censos específicos do sector cooperativo poderán presentar candidaturas as cooperativas inscritas neles e as asociacións ou cooperativas de segundo ou ulterior grao en que se integren, sen que sexa necesario presentar avais.

Tamén poderán presentarse candidaturas independentes, co aval do 10 % dos inscritos no censo ou subcenso a que concorran.

5. O día 12.1.2023, cada Consello Regulador realizará a proclamación provisional de candidaturas e a súa exposición pública na súa sede e fará a comunicación á Xunta Electoral.

6. No caso de que se proclamase provisionalmente algunha candidatura que puidese conter defectos ou non se proclamase algunha candidatura, no prazo dos cinco días naturais seguintes poderán presentarse reclamacións ou a documentación complementaria precisa ante o Consello Regulador, que resolverá nos tres días naturais seguintes.

7. Contra estas resolucións poderá interporse recurso ante a Xunta Electoral no prazo de cuatro días naturais. A Xunta Electoral resolverá nos tres días naturais seguintes e procederá á proclamación definitiva dos candidatos.

8. Unha vez que a Xunta Electoral proclame as candidaturas, se a totalidade das correspondentes a un censo ou subcenso chegan a un acordo na repartición das vogalías, darase por concluído o proceso electoral para ese censo ou subcenso e a Xunta Electoral proclamará como vogais os candidatos propostos. O dito acordo deberá presentarse ante a Xunta Electoral como máis tarde o 2.2.2023, e virá subscrito polos representantes de cada candidatura.

Artigo 9. Vogais que se elixirán

1. O número de vogais que se elixirá por cada censo e subcenso de cada Consello Regulador é o que figura no anexo III desta orde.

2. A distribución efectúase tendo en conta o establecido nos regulamentos dos consellos reguladores convocados a eleccións e atendendo ás propostas dos respectivos plenos e a criterios de representatividade económica e social, de conformidade co establecido no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

Artigo 10. Designación dos membros das mesas electorais

Unha vez realizada a proclamación provisional de candidatos e candidatas, os consellos reguladores iniciarán o sorteo para a designación das persoas que compoñerán as mesas electorais, tanto titulares como suplentes, e logo notificaránllelo ás persoas interesadas. Estas disporán dun prazo de seis días naturais para alegar ante o Consello Regulador os posibles motivos que consideren que lles impiden aceptar o cargo.

Os consellos reguladores resolverán sen ulterior recurso sobre as alegacións presentadas e, de resultar necesario, realizarán novos sorteos para cubrir as vacantes daquelas persoas a quen se lles aceptasen as escusas.

Artigo 11. Credenciais de persoas interventoras e apoderadas

De conformidade co establecido nos artigos 54 e 55 do Decreto 4/2007, ata o terceiro día anterior ao da votación, a persoa representante de cada candidatura poderá solicitar ante o Consello Regulador as credenciais de nomeamento de interventoras/es e apoderadas/os, para o cal utilizará os modelos que figuran nos anexos IV e V, respectivamente.

Artigo 12. Voto por correo

De acordo co establecido no artigo 53 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, as persoas electoras poderán emitir o seu voto por correo mediante solicitude cursada ante a secretaría do Consello Regulador. A dita solicitude poderá realizarse a partir da data de exposición de censos definitivos e ata o décimo día anterior á data das eleccións.

Artigo 13. Votación, escrutinio, proclamación de vogais electos e constitución dos plenos

1. As persoas que exerzan a presidencia e as vogalías de cada mesa electoral reuniranse ás 9.00 horas do día 19 de febreiro de 2023 no local designado para a votación. Durante a primeira media hora recibirán as credenciais das persoas interventoras que se presenten, compararanas coa copia que estará en poder da mesa e, de ser o caso, daranlles a posesión do cargo.

2. Ás 9.30 horas, a presidencia redactará a acta de constitución da mesa, que asinará xunto coas e cos vogais, ademais das persoas interventoras, se as houber, e ás 10.00 horas comezará a votación, que continuará sen interrupción ata as 17.00 horas.

3. Rematada a votación, a presidencia da mesa declarará cerrada esta e comezará o escrutinio, que se realizará de acordo co establecido no artigo 58 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

4. Segundo o establecido no artigo 59 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, cada mesa elaborará a documentación electoral, que se remitirá á Xunta Electoral e ao Consello Regulador correspondente no prazo das 24 horas seguintes.

5. No segundo día posterior ao da votación, a Xunta Electoral proclamará as persoas elixidas como vogais. Para a asignación de vogalías, de acordo co establecido no citado decreto, aplicarase o sistema proporcional directo. Como anexo VI xuntarase unha explicación da repartición de vogalías segundo este sistema, cun exemplo práctico.

6. Contra a dita proclamación, as persoas interesadas poderán presentar recurso no prazo de tres días naturais ante a conselleira do Medio Rural, a cal resolverá no prazo de cinco días naturais. A presentación do recurso deberá comunicarse á Xunta Electoral dentro dese prazo, presentando copia del na súa sede.

7. Entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo, constituiranse os plenos dos consellos reguladores, en que tomarán posesión as persoas elixidas como vogais e se proporán as persoas candidatas á presidencia e vicepresidencia ou vicepresidencias.

Disposición adicional única. Prórroga do mandato de determinados consellos reguladores

Prorrógase o mandato dos órganos de goberno dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Cebreiro e Pemento de Herbón e o dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas Lacón Gallego, Faba de Lourenzá, Grelos de Galicia, Tarta de Santiago, Pemento do Couto e Pemento da Arnoia. A dita prórroga terá unha duración máxima de dous anos.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria para ditar cantas instrucións sexan precisas para a execución desta orde.

Segunda. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I

Calendario electoral

Día (*)

Fase do proceso electoral

11.11.2022

Ve

Data do comezo do proceso electoral.

15.11.2022

Ma

Fin do prazo de presentación de candidatos á Xunta Electoral.

21.11.2022

Lu

Designación dos membros da Xunta Electoral.

23.11.2022

Me

Fin do prazo de presentación de recursos ante a conselleira do Medio Rural contra a designación dos membros da Xunta Electoral.

28.11.2022

Lu

Resolución polo conselleiro do Medio Rural dos recursos presentados contra a designación dos membros da Xunta Electoral.

30.11.2022

Me

Constitución da Xunta Electoral. Data límite para a aprobación dos censos provisionais polos plenos dos consellos reguladores.

2.12.2022

Ve

Inicio da exposición dos censos provisionais e do prazo para reclamacións sobre estes.

14.12.2022

Me

Último día de prazo para a presentación de reclamacións sobre os censos ante os consellos reguladores correspondentes.

21.12.2022

Me

Data límite para a resolución das reclamacións sobre os censos polos plenos dos consellos reguladores.

23.12.2022

Ve

Inicio do prazo de presentación de candidaturas.

26.12.2022

Lu

Fin do prazo de presentación de recursos sobre os censos ante a Xunta Electoral.

3.1.2023

Ma

Data límite para a resolución dos recursos sobre os censos pola Xunta Electoral.

5.1.2023

Xo

Exposición dos censos definitivos.

5.1.2023

Xo

Fin do prazo de presentación de candidaturas ante os consellos reguladores.

12.1.2023

Xo

Proclamación provisional de candidaturas polos plenos dos consellos reguladores e exposición pública. Primeiro sorteo para a designación dos membros das mesas.

17.1.2023

Ma

Fin do prazo de presentación de reclamacións sobre a proclamación de candidatos ante os consellos reguladores e de presentación de documentación complementaria.

20.1.2023

Ve

Data límite para a resolución das reclamacións polos plenos dos consellos reguladores.

24.1.2023

Ma

Fin do prazo de presentación de recursos sobre a proclamación de candidatos ante a Xunta Electoral.

27.1.2023

Ve

Data límite para a resolución dos recursos anteriores pola Xunta Electoral e proclamación definitiva dos candidatos.

2.2.2023

Xo

Fin do prazo de presentación de acordos electorais polas candidaturas.

3.2.2023

Ve

Comezo da campaña electoral.

17.2.2023

Ve

Fin da campaña electoral.

19.2.2023

Do

Constitución das mesas electorais e votación.

21.2.2023

Ma

Proclamación de vogais electos pola Xunta Electoral.

24.2.2023

Ve

Fin do prazo de presentación de recursos sobre a proclamación de vogais electos.

1.3.2023

Me

Data límite para a resolución dos recursos sobre a proclamación de vogais electos.

27.2.2023 a

10.3.2023

Lu a

Ve

Toma de posesión dos vogais electos. Pleno constitutivo e proposta de persoas candidatas para ocupar a presidencia e vicepresidencia ou vicepresidencias.

(*) Nas fases que comprenden varios días, refírese ao último día do prazo, que rematará ás 14.00 horas dese día para os efectos de presentación de escritos, reclamacións, recursos e outra documentación.

ANEXO II

Modelo de impreso para presentación dos censos

Consello regulador ____________________ eleccións 2023

Censo ................................................ Folla nº ...............

Subcenso ....................

Número

Apelidos e nome ou razón social

DNI/NIF

Enderezo

Sección

electoral

Observacións

Rúa ou lugar

Parroquia

Concello

A/o secretaria/o do Consello Regulador da .......................................

Conforme

A/o presidenta/e

ANEXO III

Composición do Consello Regulador

Número de vogais

a) Consello Regulador da DO Monterrei.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo

Censo C

B1

≤ 30.000 l

B2

> 30.000 l

Denominación de orixe

Monterrei

3

1

2

1

b) Consello Regulador da DO Rías Baixas.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo

Censo C

A1

≤ 2 ha

A2

> 2 ha

B1

≤ 100.000 l

B2

> 100.000 l

Denominación de orixe

Rías Baixas

5*

4**

2

7***

4

* Estes 5 vogais elixiranse do seguinte xeito: 3 polos viticultores das subzonas do Salnés e Ribeira do Ulla, 1 polos das subzonas do Condado e Soutomaior e 1 polos da subzona do Rosal.

** Estes 4 vogais elixiranse do seguinte xeito: 2 polos viticultores do Salnés e Ribeira do Ulla, 1 polos das subzonas do Condado e Soutomaior e 1 polos da subzona do Rosal.

*** Estes 7 vogais elixiranse do seguinte xeito: 3 polas adegas das subzonas do Salnés e Ribeira do Ulla, 2 polas das subzonas do Condado e Soutomaior e 2 polas da subzona do Rosal.

c) Consello Regulador da DO Ribeira Sacra.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

A1

Non

comerc.

A2

Menor sup.

A3

Maior

sup.

B1

Adegas menores

B2

Adegas intermedias

B3

Adegas maiores

Denominación de orixe

Ribeira Sacra

1

3

2

2

1

3

d) Consello Regulador da DO Ribeiro.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo

Censo C

Sector colleiteiro

Censo D

B1

≤ 400.000 l

B2

> 400.000 l

Denominación de orixe

Ribeiro

3

2

1

3

1

e) Consello Regulador da DO Valdeorras.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo

Censo C

A1

Maior volume

A2

Resto

B1

Maior volume

B2

Resto

Denominación de orixe

Valdeorras

2

1

2

1

2

f) Consello Regulador das Indicacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Produtores subprodutos vinificación

Censo B1

Instalacións de destilado

Censo B2

Instalacións de elaboración e envasado

Censo B3

Indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais de Galicia

2

3

5

g) Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

B1

Instalacións menor produción

B2

Resto instalacións

Denominación de orixe

protexida Arzúa-Ulloa

3

3

3

h) Consello Regulador da DOP Queixo Tetilla.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Denominación de orixe

protexida Queixo Tetilla

3

5

i) Consello Regulador da DOP San Simón da Coste.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Denominación de orixe

protexida San Simón da Costa

2

5

j) Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Indicación xeográfica

protexida Pataca de Galicia

5

5

k) Consello Regulador da IXP Mel de Galicia.

Sector produtor

Censo A

Sector Industrial

Censo B

A1

nº colmeas

≤ 150

A2

nº colmeas

150 < n ≤ 400

A3

nº colmeas

> 400

B1

≤ 50.000 kg

B2

> 50.000 kg

Indicación xeográfica protexida Mel de Galicia

1

1

2

3

2

l) Consello Regulador da IXP Pan de Cea.

Elaboradores

Censo único (B)

Indicación xeográfica protexida Pan de Cea

4

m) Consello Regulador da IXP Castaña de Galicia.

Produtores

Censo A

Comercializadores en fresco

Censo B1

Instalacións de procesamento

Censo B2

Indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia

6

3

3

n) Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Gandarías

A1

Cebadoiros

A2

Matadoiros

Censo B

Salas de despezamento

Censo D

Grosistas e retallistas

Censo E

≤ 2.000

B1

> 2.000

B2

Indicacións xeográficas protexidas das carnes de vacún de Galicia

5

3

1

3

2

2

ñ) Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Sector produtor

Sector industrial

Sector comercializador

Expl. agrícolas

Censo A1

Expl. gandeiras

Censo A2

< 100.000 € Censo B1

100.000 € a 600.000 €

Censo B2

> 600.000

Censo B3

Censo D

Agricultura ecolóxica de Galicia

3

3

1

2

3

1

ANEXO IV

Eleccións ao Consello Regulador

..............................................................................2023

Asunto: CREDENCIAL DE NOMEAMENTO DE INTERVENTOR/A

DATA:

DATOS DA PERSOA PROPOSTA:

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO

CP

CONCELLO

DATOS DA PERSOA REPRESENTANTE:

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO

CP

CONCELLO

REPRESENTANTE DA CANDIDATURA PRESENTADA POR ...........................................................................................................................................

Conforme o disposto no artigo 54 do Decreto 4/2007, nomea interventor/a a persoa enriba indicada.

O/a representante

ANEXO V

Eleccións ao Consello Regulador

..............................................................................2023

Asunto: CREDENCIAL DE NOMEAMENTO DE APODERADO/A

DATA:

DATOS DA PERSOA PROPOSTA:

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO

CP

CONCELLO

DATOS DA PERSOA REPRESENTANTE:

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO

CP

CONCELLO

REPRESENTANTE DA CANDIDATURA PRESENTADA POR ...........................................................................................................................................

Conforme o disposto no artigo 55 do Decreto 4/2007, nomea apoderado/a a persoa enriba indicada.

O/a representante

ANEXO VI

Asignación de vogalías polo sistema proporcional directo

O sistema proporcional directo atribúe as vogalías segundo a mecánica que a continuación se detalla:

Divídense os votos de cada candidatura entre un número, que se obtén, pola súa vez, de dividir o número de votos válidos totais obtidos polas distintas candidaturas entre o número de vogais por elixir. Os resultados das divisións darán un valor para cada candidatura. A parte enteira do valor resultante será o número de vogais. Se aínda queda algún vogal por asignar, este será para a candidatura que teña un valor máis alto da parte decimal, e se queda algún vogal máis, para a seguinte que teña a parte decimal máis alta, e así sucesivamente. O seguinte exemplo ilustra o procedemento que se aplicará:

Censo: 5.000 electores.

Vogais por elixir 7.

Repartición de votos entre as distintas candidaturas:

A: 1.500.

B: 1.000.

C: 700.

D: 600.

E: 200.

Votos válidos obtidos polas distintas candidaturas: 4.000.

4.000/7= 571,428.

1.500/571,428= 2,62. A obtén 2+1= 3 vogais.

1.000/571,428= 1,75. B obtén 1+1= 2 vogais.

700/571,428= 1,22. C obtén 1 vogal.

600/571,428= 1,05. D obtén 1 vogal.

200/571,428= 0,35. E obtén 0 vogais.