Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2022 Páx. 59045

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO referente á convocatoria para prover unha praza vacante de enxeñeiro/a técnico/a industrial de Administración especial da oferta de emprego público de 2020.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 197, do venres 14 de outubro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a unha praza vacante de enxeñeiro/a técnico/a industrial no Concello de Pontevedra incluída na oferta de emprego público de 2020.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante a Resolución do 29 de setembro de 2022, o proceso selectivo para a cobertura dunha praza vacante no Concello de Pontevedra incluída na oferta de emprego público do ano 2020, que a seguir se sinala:

– Segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: grupo A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: enxeñeiro/a técnico/a industrial, mediante quenda libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de editos da Corporación nos térmos establecidos nas bases.

Pontevedra, 14 de outubro de 2022

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura