No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 252, do 4 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de traballador/a social, persoal funcionario, mediante o sistema de oposición libre-concurso, incluída na oferta de emprego público de 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Riotorto, 4 de novembro de 2022
Clemente Iglesias González
Alcalde