Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2022 Páx. 59047

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Riotorto

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, por estabilización de emprego.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 252, do 4 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, persoal laboral fixo, mediante o sistema de oposición libre-concurso, incluída na oferta de emprego público de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Riotorto, 4 de novembro de 2022

Clemente Iglesias González
Alcalde