Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59204

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de catorce prazas de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público de 2021.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 408/2022, do 24 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2021, realiza convocatoria para cubrir 14 prazas fixas de policía portuaria, de persoal laboral suxeito a convenio colectivo, correspondentes á estabilización de emprego de 2021.

– 14 prazas de policía portuaria (GIII BII N2).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de solicitudes.

Vigo, 4 de novembro de 2022

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo