Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59199

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto das convocatorias, das bases xerais e das bases específicas dos procesos selectivos para o ingreso como persoal funcionario/a de carreira ou laboral fixo en prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro).

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 241, do 21 de outubro de 2022, publícanse as convocatorias, as bases xerais e as bases específicas que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira ou laboral fixo na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, IC) taxa adicional de estabilización de emprego temporal (disposición adicional 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro), que a seguir se sinalan:

Dúas prazas de técnico/a da Administración xeral, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de técnico/a de xestión do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala da Administración xeral, subescala de xestión, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de técnico/a de xestión (posto técnico/a de xestión, taller e accións formativas) do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala da Administración xeral, subescala de xestión, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Dúas prazas de administrativo/a, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Seis prazas de auxiliar, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala de auxiliar, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, cinco pertencentes á cota xeral e unha pertencente á cota de reserva a persoas con capacidades diferentes, acceso libre.

Tres prazas de porteiro/a, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala de subalterno, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de economista, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores, grupo A, subgrupo A1, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de diplomado/a de restauración, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de enxeñeiro/a técnico/a de telecomunicacións, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de traballador/a social, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de técnico/a de mantemento e conservación (arquitecto/a técnico/a), do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de delineante, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos auxiliares, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de auxiliar biblioteca, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de auxiliar colaborador/a de tecnoloxías da información, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de técnico/a de mantemento industrial, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de dinamizador/a cultural, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de auxiliar de recepción, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de auxiliar de relacións institucionais, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de animador/a de rutas turísticas, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Dúas prazas de vixilante e guía de museo, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, unha pertencente á cota xeral e unha pertencente á cota de reserva a persoas con capacidades diferentes, acceso libre.

Unha praza de auxiliar de atención cidadá, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Tres prazas de vixilante do ambiente, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Tres prazas de vixilante e guía, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, dúas pertencentes á cota xeral e unha pertencente á cota de reserva a persoas con capacidades diferentes, acceso libre.

Cinco prazas de capataz de camiños, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, categoría de mestre, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Catorce prazas de maquinista e condutor/a, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, categoría de oficial, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de oficial/a de servizos múltiples e apoio ao mantemento de centros, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, categoría de oficial, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de oficial/a ebanista, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, categoría de oficial, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de axudante mecánico/a, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, categoría de axudante, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de vixilante, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso, cota de reserva a persoas con capacidades diferentes, acceso libre.

Tres prazas de axente de emprego e desenvolvemento local, do cadro de persoal laboral fixo, grupo A, subgrupo A1, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Dúas prazas de profesor/a de taller e técnico/a de produción, do cadro de persoal laboral fixo, grupo B, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de encargado/a de instalacións deportivas, do cadro de persoal laboral fixo, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de obreiro/a do cadro de persoal laboral fixo, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha praza de vixilante de vías e obras, do cadro de persoal laboral fixo, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Dezasete prazas de peón/peoa de reparación de vías provinciais, do cadro de persoal laboral fixo, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso, dezaseis da cota xeral e unha da cota de reserva a capacidades diferentes, acceso libre.

Dúas prazas de peón/peoa de granxa, do cadro de persoal laboral fixo, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, así como no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.

Lugo, 21 de outubro de 2022

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto 26.7.2019)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social