Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59198

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trasmiras

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial SURB-I para o polígono industrial de Trasmiras.

O alcalde pola Resolución nº 2022-0263, do 19 de outubro de 2022, acordou aprobar inicialmente o documento do Plan parcial do SURB-I para o polígono industrial de Trasmiras.

Este acordo determinará, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do plan, no caso de que as novas determinacións deste supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. Para estes efectos, determínase expresamente a área afectada.

Esta eventual suspensión terá unha duración máxima de dous (2) anos, contados desde a devandita aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan.

O citado plan parcial, así como o expediente administrativo de que trae causa, sométense ao trámite de información pública durante o prazo de dous (2) meses, contado a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e sen prexuízo da súa publicación nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como da súa inserción no taboleiro municipal de edictos e anuncios.

Lugar e horario de exhibición: concello de Trasmiras, na casa do concello, de luns a venres (agás os festivos), das 9.00 ás 14.00 horas.

Trasmiras, 19 de outubro de 2022

Emilio José Pazos Ojea
Alcalde