Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59129

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2022 pola que se nomean funcionarios/as de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, en 4 prazas da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A2), vacantes na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocadas pola Resolución do 28 de xuño de 2019 (DOG do 11 de xullo).

Verificada a concorrencia nos/nas aspirantes aprobados/as dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos Estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta xerencia, en uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos Estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A2) da Universidade da Coruña os/as aspirantes aprobados/as polo sistema de quenda libre que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpor un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 2 de novembro de 2022

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A2)

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***7761**

Gómez Pouso, Carolina

74,41

2

***0870**

Froiz Balado, Esteban

73,67

3

***1100**

Naveiras Villasuso, Cristina

69,39

4

***8797**

Santos Gulías, Pablo

62,46