Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59126

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea persoal estatutario fixo e se adxudica destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de setembro de 2019.

A base décima da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 30 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 191, do 8 de outubro), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, establece que, unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino daqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro da antedita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 30 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 191, do 8 de outubro).

Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de persoal de servizos xerais os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.

Terceiro. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

De conformidade coa base décima da Resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (DOG núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Quenda

Concello

***5924**

Ballón Cue, Ángel

A.S. de Vigo

CS A Doblada

Desprazable

Vigo

***6389**

García García, Débora

A.S. da Coruña e Cee

Casa do Mar

Mañá

A Coruña

***7869**

López Valín, Sofía

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

CS Sarria

Mañá

Sarria

***7609**

Lorenzo González, Estefanía

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

CS Ribadavia

Mañá

O Carballiño

***7126**

Moukhlissi Juicha, Badreddine

A.S. de Vigo

CS Redondela

Mañá

Redondela

***8388**

Núñez Lamas, Mario

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

CS Praza de Ferrol

Mañá

Lugo

***6934**

Rodríguez Fernández, Patricia

A.S. de Ferrol

CS Fontenla Maristany

Mañá

Ferrol

***1469**

Taboada Díaz, Laura Manuela

A.S. da Coruña e Cee

CS Os Mallos

Mañá

A Coruña

***7336**

Vilas Navarro, Sara

A.S. de Pontevedra e O Salnés

CS Lérez

Mañá

Pontevedra