Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59124

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, convocados mediante a Orde do 21 de setembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 5 de outubro).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocados o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, convocados mediante a Orde do 21 de setembro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 190, do 5 de outubro de 2022, e por delegación do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da dita Orde do 21 de setembro de 2022, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, coa composición que se relaciona no anexo.

A Estrada, 4 de novembro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso selectivo de acceso por promoción interna e proceso
de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia,
escala executiva, categoría de inspector

– Tribunal titular:

Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Susana Martín Iglesias, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.

Vogais:

Juan Puente Rapela, inspector do corpo da Policía Local do Concello da Coruña

José Manuel Álvarez López, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Luis Castedo Balsa, xefe do Servizo de Formación en Emerxencias da Agasp.

– Tribunal suplente

Presidenta: María del Carmen Rebolledo Olmedo, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Vogais:

Francisco Carro Rey, inspector do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

Jesús Pérez Martínez, inspector principal do Corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Andrés González Murga, secretario xeral da Agasp.